Rogos e preguntas no pleno do 25 de outubro de 2012
1.- SOLICITAMOS unha mesa para poder traballar.
2.-Na avenida de A Coruña, entre a gasolineira e o hotel, continua un enorme cartel anunciador de obras que consideramos antiestético. Ao longo do concello outros paneis foron retirados.
SOLICITAMOS, igualmente, a súa retirada.
3.- Mañá o Pleno da Deputación aprobará as bases reguladoras do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS 2013).
SOLICITAMOS ao goberno antelación e consenso a ser posible.
4.- - Mañá o Pleno da Deputación aprobará as bases de colaboración entre a Deputación Provincial de A Coruña e os concellos para executar os proxectos que se incluirán nas distintas fases do Plan de Travesías Provinciais 2012-2015.
SOLICITAMOS do goberno presión á Deputación amiga, e nestes proxectos antelación na súa presentación e consenso a ser posible.
5.- Sobre a incapacidade temporal (IT) o real decreto-ley 20/2012 do 13 de xullo de medidas para garantir a estabilidade presupostaria e de fomento da competividade no seu artigo 9.2 di que se poderá completar dende o primeiro día ata o terceiro o 50% das restribucións salariais con motivo de incapacidade temporal e os seguintes días ata un 75%.
SOLICITAMOS que se leven ao cabo as actuacións necesarias para aplicar estas compensacións a todos os traballadores.
6.- O mirador de Cabría está constantemente nun estado nada modélico.
SOLICITAMOS para este mirador limpeza, adecentamento e mantenemento posterior.