Rogos e Preguntas do pleno do 27 de xuño de 2013.
Rogos:
1.- O Concelleiro de Persoal ten pendentes as negociacións das axudas sociais, do calendaro laboral, das IT´s, da flexibilidade horaria, do control dactilar dos empregados, do horario de verán e do calendario de vacacións.
ROGAMOS que con tantas frontes abertas peche, negociando e non por decreto, a algún acordo de vez en cando.
Agora paso a repetir os rogos que no mes de xuño do 2012 o BNG expuso ao goberno porque as demandas aínda seguen vixentes
2.- Reiteramos o solicitado e rogado en distintos plenos anteriores o poder traballar axeitadamente.
SOLICITAMOS unha mesa para poder traballar.
3.- Segue a información errónea, enganosa, falsa e ilegal dalgúns paneis e placas informativos distribuídos ao longo do concello. Logo que se nos resposta que se constatarían os fallos e actuaríase en consecuencia
SOLICITAMOS outra vez dilixencia na corrección destes erros toponímicos.
4.- Neste mes de xuño celebrouse na Vila a Fashion Night con axuda do Concello e Deputación. A información levaba erros de toponimia e só aparece o castelán e o inglés. Desde o BNG desexaríamos que tamén tiveramos a oportunidade de lelo na nosa lingua.
SOLICITAMOS a aplicación da lei lingüística e que cada vez que unha sociedade reciba unha axuda se revise como vai ser publicada.
5.- No entronque da avenida de Ferrol con rúa Lombardero e avenida Dr. Villanueva seguen aparcando os coches diante da sinal do stop ocasionando atrancos.
SOLICITAMOS se pinte unha liña continua divisoria da calzada antes da sinal.
6.- As colonias de gaivotas van en aumento e cada vez fanse máis urbanas e carroñeiras e por iso medran as queixas veciñais polas súas deposicións.
SOLICITAMOS como noutros concellos unha campaña de control de poboación.
Preguntas e respostas:
1.- O BNG nun pleno anterior preguntaba se había algún impedimento de calquera tipo para colgar na páxina güeb do concello as actas dos plenos e das xuntas de goberno e a resposta foi que non había problema.
A FEGAM a instancias do Defensor del Pueblo enviou aos concellos, suponse que Pontedeume o recibiu, a obrigatoriedade de que os seus membros impulsaran a utilización activa das tecnoloxías de información e comunicación cos veciños basándose no artigo 70-bis da LBRL (Lei de Bases de Réxime Local). Esta recomendación viña polas nulas reclamacións nos períodos de exposición de ordenanzas, regulamentos, presupostos, normas de planes urbanísticos e actas de xuntanzas.
Por que non se mostran na páxina güeb todos os documentos que precisan exposición pública?
-Contestan que todos son públicos e móstranse no taboeiro da entrada e a ninguén ten impedimento para achegarse a el.
Ante os documentos que constan de moitas páxinas e a dificultade de consultalos individual e incomodamente respostaron que cumpren coa legalidade do xeito que os expoñen.
NON MIRAN POLA ATENCIÓN Á CIDADANÍA NEN QUEREN DAR MÁIS FACILIDADES.
2.- Sobre os orzamentos do 2012 a primeiros de xaneiro do mesmo ano a unha pregunta do BNG contestóuselle que están a facelo e poranse en contacto coa oposición cando estean elaborados.
Estamos en xuño do 2013 e continuamos co presuposto prorrogado do no 2009.
Pode este goberno aceptar a suxestión do BNG de abandonar o do 2013 e empezar co do 2014 antes do 31 de outubro, data de presentación?
-Encantados aceptan o consello.
É UNHA FORMA XUSTIFICADA E CÓMODA DE PRORROGAR OS ORZAMENTOS DO 2009. MAIS SE CUMPREN E ELABORAN OS PRESUPOSTOS DO 2014, ADIANTE.
3.- Nas dúas últimas actas da XGL apareceron unha boa cantidade de vivendas e baixos que non contribuían ao coste do Servizo de Recollida de Lixo. Antes que calquera medida, esta é o primeira regra para optimizar un servizo público.
Dado o rendemento económico da eficaz actualización deste padrón, continuará o goberno do mesmo xeito cos outros servizos municipais?
-Continuarán coas actualizacións.
ACTUALIZANDO OS PADRÓNS, HAI INGRESOS E POUCA XUSTIFICACIÓN PARA SUBIR TAXAS E IMPOSTOS E PRIVATIZAR OS SERVIZOS MUNICIPAIS.
4.- Nun escrito do 5 de setembro do 2011 da Consellería de Medio Ambiente emprazaba ao Concello a solucionar en 3 meses os verquidos de augas fecais na praia de Ver.
O BNG desde esa data ven apurando ao goberno con 8 preguntas e 3 rogos do risco que agora temos. A última, no pleno do 30 de maio e as respostas e disculpas ao longo destes case tres anos foron sempre variadas.
Cal vai ser a actuación cara a este verán?
-Contesta Javier Crespo que as augas de Ver teñen actualmente a calificación de excelente(¡?) en tomas da Consellería do 27 de maio e 10 de xuño. Porán un cartel desaconsellando o baño (insuficiente no ano 2012) e ademais os resultado das últimas analíticas (excelente¡?).
TODO O ANO PASADO, INSUFICIENTE, E AGORA NA ANTESALA DO VERÁN EXCELENTE. NON HAI COMENTARIO, CADA QUEN...
5.- No decreto 250 solicítase subvención a Fomento de Emprego para traballadores desempregados. Pídense 31 en total para diversos traballos.
Supoñemos que todas as prazas non van vir, mais que espectativas ten o goberno?
-Con seguridade como o ano pasado, 6 ou 7.
SEGUEN SEN PREOCUPARSE POLAS PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS DESTE CONCELLO. NON NEGOCIAN NEN PRESIONAN AOS GOBERNOS AMIGOS.
6.- No decreto 277 do 17 de xuño, tres empregados públicos solicitaron a flexibilidade horaria e fóronlle aprobadas con distintos horarios, algúns horarios raros, e en distintos edificios.
De continuar con esta dinámica ninguén vai saber quen, como, onde e cando se pode localizar a un traballador.
Dos 60 empregados públicos poden ter todos o mesmo dereito? E como se vai controlar?
-Indican que as condicións destes traballadores, con fillos menores de 11 anos ao seu cargo, non as teñen os demais.
COMO, QUEN, CANDO, ONDE,...
7.- Sobre a Escola Infantil, logo da visita da Conselleira de Traballo e Benestar para asinar o convenio para esta construción.
Hai xa proxecto?
-Din que aínda non pola dificultade do aceso, para a Escola Infantil e tamén para o pavillón. A Consellería o está rematando.
MOITO PASEO, DIETAS, VIAXES, FOTOS... E PASA O TEMPO.
8.- Sobre o Plan Artabria Emprega. Un plan de información, orientación, formación, práctica laboral e intermediación coas empresas.
O BNG quixiera ter información sobre este plan.
Que departamento o leva?
Por que Neda sendo membro non contribue economicamente?
Cantas persoas saíron beneficiadas?
...?
-Neda se incorporará este ano. É un plan que afecta a 90 persoas, 30 en Pontedeume cun 20% de inserción laboral.
SE NON É UN COMECARTOS QUE SEGA.
9.- Volve a xurdir o problema das gaivotas en varias zonas da Vila; aniñando nos tellados, rachando as bolsas do lixo, manchando persoas e emporcando coches. Recomendábamos hai anos por medio dun rogo un plan para reducir a poboación de gaivotas como así fan en algunhas cidades, e máis preto e actual, como en Ferrol con moi bos resultados.
Ante as constantes queixas dos cidadáns, pódese pór unha partida nos presupostos para este fin?
-Contesta Javier Crespo que el no recibiu ningunha queixa e o Concello tampouco e que non o ve como problema. O alcalde citou aos ecoloxistas e pareceu dicir algo de aborto.
ATA QUE O ALCALDE OU CONCELLEIR@ NON RECIBA UN REGALITO, SEGUIREMOS IGUAL.