Resumo do pleno ordinario de marzo.

Resumo do pleno ordinario de marzo.

Alén da moción aprobada apresentada polo PSOE e enmendada por nós sobre os camiños de ferro na comarca, facemos un resumo das nosas propostas no pleno do 31 de marzo:

1.- PARTICIPACIÓN INSTITUCIONAL EN ACTOS RELIXIOSOS.

Tendo en conta que na constitución española existe una separación  IGLESIA/ESTADO e partindo que as institucións, neste caso do concello, son representantes de toda a cidadanía sen ter en conta  o seu credo relixioso, o BNG-AA considera que o goberno municipal como tal non debe estar participando en ningún tipo de acto relixioso, por coherencia e respecto a todas/os  as cidadáns que representa. Cada representante  da institución política debería  tomar parte nestes actos dun xeito particular.

Polo que ROGAMOS que o goberno como tal teña unha actuación laica en todo momento.

 

2.- ACTUALIZACIÓN DA PÁXINA WEB DO CONCELLO.

Seguimos recordando que o goberno substrae información actualizada á cidadanía na páxina web. Entre outros erros, o PXOUM ségueo levando o concelleiro do PP, Eugenio Otero, as áreas non coinciden coas que ten cada concelleiro/a, no Grupo Municipal do BNG xa non está ningún dos seus membros, o alcalde segue sendo Gabriel Torrente...É un despropósito e desleixo total por parte desta alcaldía.

3.- TERRAZAS DE MESAS, CADEIRAS E ELEMENTOS AUXILIARES EN SOLO PÚBLICO.

ROGAMOS coa maior celeridade a modificación e actualización deste regulamento.

4.- SUMIDOIROS DE RECOLLIDA DE AUGAS PLUVIAIS.

SEGUIMOS A DEMANDAR, como xa vimos recomendando desde o mes de outubro, unha limpeza e baleirado programado dos sumidoiros na súa totalidade.

5.- AXUDAS PARA COMEDORES ESCOLARES.

No pleno do mes pasado o BNG-AA propuxo que o Concello fixera xestións para que Consellería de Educación incorporase á rede pública o comedor do CEIP Couceiro Freixomil. A estas alturas do ano se descoñece se isto vai ser unha realidade tendo en conta  a situación de crise e precariedade de familias deste concello que incide dun xeito especial na posibilidade de facer fronte ao pagamento do comedor escolar dos seus fillos/as.

ROGAMOS que cara ao curso escolar 2016/17 o Concello de Pontedeume poña en marcha un sistema de axudas  que posibiliten o acceso ao comedor escolar ao alumnado con baixas rendas familiares.

6.- USO DA LINGUA GALEGA NAS ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS.

Co fin de cumprir a normativa do uso da lingua galega en todas as actividades promovidas polas administracións, local neste caso, e tendo en conta, entre outras a moción aprobada no pleno do 28 de xaneiro de 2016,  para o Cumprimento Real e Efectivo da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas. O BNG-AA é sabedor da imposibilidade de poder desenvolver na Galiza unha vida diaria en galego. Vemos como mentres en concellos como o de San Sadurniño estanse a aplicar estas recomendacións, no noso séguense pasando polo arco do triunfo.

SOLICITAMOS que cara ao vindeiro curso 2016/2017 se cumpra co requisito de uso de lingua galega nas actividades culturais, deportivas e de lecer organizadas por este concello.

7.- PLENOS ORDINARIOS MENSUAIS POLA TARDE.

SEGUIMOS a solicitar que os plenos se celebren polas tardes co fin de que tanto a cidadania en xeral como as e os concelleiros poidan compatibilizar mellor a sua vida laboral con a participación política.

8 .- LOCAL PARA PARTIDOS.

SEGUIMOS a solicitar e compartir un local  ou despacho para a atención á cidadanía. O PSOE agora na alcaldía esqueceu cando solicitaba ao PP que os grupos da oposición puideran dispor dun local para o seu traballo e atención á cidadanía nas dependencias da casa do concello.

Tamén no turno de preguntas inquerimos ao goberno municipal sobre estas cuestións:

1.- MANTEMENTO DO SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

Acaban de ser publicadas as subvencións da Deputación de A Coruña a entidades locais para manter o Servizo de Normalización Lingüística. Relación na que non aparece o noso Concello.

Que razón amosa o Goberno para que Pontedeume non reciba subvención para este Servizo?

  • Simoes leu o informe da técnica razoando que pola súa titularidade o Concello non ten dereito a percibir a subvención. Pediuse que o controlen os técnicos dos Concello,

2.- COLECTORES DE RECOLLIDA DE ACEITE USADO DOMÉSTICO.

Mediante un rogo no pleno do 29 de outubro de 2015 e unha pregunta na sesión ordinaria do 25 de febreiro de 2016 nos interesabamos pola recollida de aceite usado doméstico e o goberno contestaba que estaba en negociacións cunha empresa e estudando o xeito de exención de taxas por ocupación de vía pública.

Como foron as negociacións e que solución hai para instalar ditos colectores?

  • As negociacións seguen coa empresa. A única vía é que done os colectores.

 

3.- CARRIZO DA PAMPA, PLUMACHOS, PLUMEROS, CORTADERIA SELLOANA.

No pleno ordinario de 26 de novembro de 2015 foi aprobada por unanimidade a moción

PARA O CONTROL E DESAPARICIÓN DA PLANTA INVASORA EXÓTICA COÑECIDA COMO CARRIZO DA PAMPA.

Que accións se están a realizar de información á veciñanza?

  • Ningunha.

A concellaría responsábel de xardíns ten algunha proposta de actuación?

  • Bernardo: A Deputación está a desenvolver un plan provincial na que nos acolleremos cando este se faga realidade.

4.- XARDÍN MUNICIPAL.

Ante a incerteza de se rematou a ou non a actuación no Xardín Municipal observamos que o peche de mirto está sen curtar, algunha peza de ensamblaxe da varanda sen rematar, o tellado da paxareira sen limpar,...

O BNG-AA quere saber se se dá por concluída esta actuación?

  • Está rematada, mais non recepcionada. O tellado por medo a rotura de tellas(?) queda para unha próxima actuación. O demais será correxido.

5.- MERCADO MUNICIPAL.

Unha das cousas máis importantes de e para Pontedeume será o funcionamento do mercado. Rematando marzo de 2016, seguimos pendentes dos comezos da demolición parcial e da rehabilitación e ampliación do edificio do Mercado Municipal.

En que momento están  estas dúas obras?

  • Chegaron ofertas, pero falta unha e non rematou o prazo de entrega de ofertas. A Deputación xa está polo labor a Xunta aínda non respondeu(!¡).

 

6.- ACTIVIDADES DE VERÁN: INFANTÍS E XUVENÍS.

Que hai planificado cara ao verán no que atinxe a campamentos dirixidos a nenos e adolescentes

  • Haberá campamento urbano 15 días e interurbano a Vilarbó para franxa de 12 a 18 anos e para menores de 12 anos.
  • A cargo dunha subvención, Rueiros de Verán, 4.533,50 €

 

7.- FOXOS E GABIAS POLA TUBAXE DO GAS NATURAL.

As obras que está a realizar a compañía de Gas Natural Fenosa levan un dilatado tempo sen cubrir e deben deixar os foxos e gabias no seu estado primitivo.

Segundo o proxecto pode o goberno esixir a esta empresa a correspondente reposición nos levantamentos xa rematados?

  • Empezarán pola Avenida de Ferrol. A empresa xa está en iso.

 

8.- ANO 2016 ADICADO AS IRMANDADES DA FALA.

No pleno ordinario de 29 de outubro de 2015 foi aprobada por unanimidade a moción

PARA A PROMOCIÓN DO ANO 2016 COMO ANO DAS IRMANDADES DA FALA,

Existe algún proxecto con este obxectivo?

  • Hai programado unha conferencia o 27 de abril organizado polo Ateneo Eumés e pendentes de organizar (?) na Biblioteca (presentacións/charlas)

 

9.- CURSOS DE MANIPULADOR DE PRODUTOS FITOSANITARIOS.

No pleno do mes de febreiro o BNG-AA por mor dunha petición veciñal rogaba a este goberno a promoción e/ou realización de cursos para poder usar produtos que require a produción hortícola.

Cre este goberno na necesidade destes cursos?

  • Hai xa un curso pendente, xestionado polo Xunta, a celebrar en FOREMDES cun custo de 8 €. Poderase tamén renovar os permisos.

 

Resumo do pleno ordinario de marzo.