Pedimos que se tomen medidas contra a especie invasora "Carrizo da Pampa"

Pedimos que se tomen medidas contra a especie invasora "Carrizo da Pampa"

thema-zoom_cortaderia-selloana-roseaO BNG-AA de Pontedeume rexistrou una moción na que solicita ao Alcalde a adoptar as medidas necesarias tendentes á erradicación do término municipal da cortaderia selloana. E a solicitar ás Consellerías competentes da Xunta de Galicia, a realización de actuacións conxuntas para erradicar a esta especie invasora,  dando cumprimento ao Real Decreto 1628/2011, de 14 de novembro. 

O carrizo da pampa (cortaderia selloana), tamén coñecida como plumero, é unha planta herbácea perenne que procede de América do Sur e caracterízase polas súas grandes dimensións, supera o 1 metro e medio de altura e as inflorescencias chegan ata 3 metros.

Propágase a partires dos milleiros de sementes que produce cada planta feminina, propagadas polo vento a longa distancia, así como tamén pola fragmentación da cepa.

A súa presenza comezou como planta ornamental, pero está a converterse noutra especie exótica invasora que modifica o hábitat e resulta moi perigosa para flora endémica.

Trátase ademais dunha especie pirófita que contribúe a propagación de incendios e coloniza doadamente os espazos queimados.

Unha vez instalada, ten grande capacidade para sobrevivir, e a súa expansión por Galiza é recente. Comezou o seu auxe a raíz da súa utilización como cultivo ornamental, nomeadamente no eixe da AP-9.

O carrizo da Pampa ou cortaderia está incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras. Así o dispón o Real Decreto 1628/2011, de 14 de novembro, e, polo tanto, a súa introdución no medio natural está prohibida.

 

 

 

 

 

 

Pedimos que se tomen medidas contra a especie invasora "Carrizo da Pampa"