O BNG de Pontedeume chama á cidadanía a participar na mobilización convocada pola CIG o 1º de maio.

O BNG de Pontedeume chama á cidadanía a participar na mobilización convocada pola CIG o 1º de maio.

OS NACIONALISTAS DEMANDAMOS CAPACIDADE DE DECISION PARA CREAR EMPREGO E RIQUEZA NA NOSA TERRA

O Consello Local do BNG de Pontedeume fai unha chamada á cidadanía do Concello a participar na mobilización convocada pola CIG para o 1º de Maio en Ferrol ( que partirá ás 12h. da Avda. de Esteiro ) facendo especial fincapé na necesidade de que Galiza dispoña de capacidade de decisión para afrontar politicas que permitan poñer os recursos do pais a funcionar, creando emprego e riqueza.

Nunha comarca que na que xa se dispararon todas as alertas por mor do incremento brutal do desemprego, provocado por unha política premeditada de desmantelamento dos nosos sectores produtivos ( naval, eólico, agro-gandeiro….) e que vai emparellada agora un ataque aos servizos básicos ( ensino, sanidade, benestar…); é preciso hoxe máis que nunca unha resposta social para conseguir frear a política suicida que leva a cabo o PP na Xunta e no goberno do Estado.

Non estamos perante unha situación de crise, senón perante un roubo: ás persoas estafadas polas preferentes, ás desafiuzadas, aos autónomos..; mentras que os verdadeiros culpábeis – a banca – seguen facendo caixa. E, sobre todo, un roubo á nosa capacidade de decisión e ao noso direito a producir, como proba o feito de que se manteña aínda o veto á construcción naval civil, e se vaia camiño do desmantelamento prático deste sector estratéxico para a economía comarcal; mentras a Xunta e o goberno do Estado seguen a enganar á cidadanía da comarca con falsas promesas.

O BNG de Pontedeume chama á cidadanía a participar na mobilización convocada pola CIG o 1º de maio.