Os asolagamentos do Río Covés e outros regatos do concello de Pontedeume

Os asolagamentos do Río Covés e outros regatos do concello de Pontedeume

Hai poucas semanas foi, tristemente, noticia dos xornais os asolagamentos  en diversos pontos  de Pontedeume.

Ante esta situación de precariedade e de alerta constante na que permanecen os vecinos/as de diversos pontos do noso concello durante o inverno, o BNG-AA presentou no último pleno municipal un rogo no que solicitabamos  unha intervención seria e dilixente  para estas zonas.

Este non é un problema deste ano, repítese cada inverno con maior ou menor gravidade. A auga chega ás vivendas en demasiados invernos e os nosos veciños/as merecen que se tome en serio esta situación.

.- ASOLAGAMENTOS NO RÍO COVÉS E REGATOS.

Durante o anterior mandato o BNG avisaba por medio de rogos e preguntas de que o percurso do Río Covés, regato de A Graña e o lugar de Esteiro está declarado como Zona de Risco de Asolagamento por Augas de Galiza. Ocorreu nestes días e sucederá máis adiante se seguimos mirando para outro lado. Os veciños e veciñas dos lugares de Ameneiral, A Graña, A Capela e Esteiro necesitan que este Concello preste medidas de seguridade permanentes.

SOLICITAMOS un Plan Completo de Intervención conveniado e subvencionado por Augas de Galicia.

Mentres isto non se leva a cabo, entendemos que pode transcurrir algún tempo; é preciso tomar medidas:

1_ Limpeza dos sedimentos arrastrados nos últimos temporais.

O río Covés ao seu paso polo lavadoiro de Esteiro está nun estado lamentábel que de non remedialo axudará a que cunhas chuvias non moi copiosas poda producir  alerta na zona.

2.- Limpeza e baleirado dos sumidoiros.

Manter a rede de sumidoiros axeitadamente é fundamental a fin de evitar atascos e facilitar a saída das augas.

Durante os últimos asolagamentos puidemos constatar que os sumidoiros non contribuían axeitadamante ao decorrer das augas.

         DEMANDAMOS DO GOBERNO MUNICIPAL UNHA ACTUACIÓN PRONTA E RESOLUTIVA!!!!!!

Os asolagamentos do Río Covés e outros regatos do concello de Pontedeume