Rogos e preguntas do Grupo Municipal do BNG de Pontedeume do 25 de Abril de 2013

Rogos e preguntas do Grupo Municipal do BNG de Pontedeume do 25 de Abril de 2013

1.- Estamos na primavera e hai solares e terreos que necesitan unha limpeza e/ou desbroce. Co tempo seco aparece o risco de incendios e o máis eficaz é previr. A Ordenanza nº 27, no seu artigo 28.1, obriga aos propietarios ...a mantelos limpos, libres de refugallos e residuos e nas debidas condicións de hixiene, salubridade, seguridade e ornato público.

No artigo 28.3 di: É potestade do Concello a inspección e realización subsidiaria dos traballos de limpeza... sexan solares de propiedade pública ou privada.

SOLICITAMOS un bando que avise do cumprimento desta ordenanza.

2.- Seguimos insistindo que as distintas ordenanzas  municipais necesitan modificacións e actualizacións. Aínda aparecen as pesetas.

SOLICITAMOS un esforzo e consenso para poñelas ao día.

 3.- Na estrada de Pontedeume a Boebre, de titularidade da Deputación, os peóns que a utilizan son os que menos seguridade teñen.

ROGAMOS que se solicite o desbroce das beiras de dita estrada.

 4.-O BNG faise eco das molestias dos veciñ@s pola falta de buzón de depósito de cartas na nova oficina de Correos.

ROGAMOS que o Concello solicite este servizo.

5.- Na páxina güeb do Concello seguen aparecendo como concelleiras Mª José Vázquez e Ana Maroño con funcións no goberno do PP e Mª Carmen Cascallar como pertencente ao grupo socialista.

SOLICITAMOS a actualización de dita páxina.

6.- Un calificativo tópico do galego é pleitear por pleitear. Este Concello xa pleiteador ven de recibir outra sentenza negativa do TSX sobre o Fondo de Axuda Social do 2011. Os avogados sempre lle din ao que paga que pódese ganar, aínda que aquí non doe porque os cartos son dos veciños.

SOLICITAMOS do Goberno a aceptación das leis e previo consenso para non ter máis gastos.

1.- En marzo de 2012, o BNG pedía a ampliación da oficina de urbanismo a ampliación do horario de atención á cidadanía. Consideramos que 4 horas á semana en tan só 2 días é insuficiente.

Agora aumentado o persoal, se ampliará en días e en horas o horario?

2.- En que estado de realización está o desexado PXOUM?

 3.- Saiu na prensa do 22 de abril que a Xunta, por medio do seu vipresidente Alfonso Rueda, ven de rematar reunións cos alcaldes das 4 provincias para que se adheriran a o convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e a FEGAM  para abordar o grave problema dos desfiuzamentos cun protocolo de actuación coordinado cos Servizos Sociais Municipais.

Pontedeume está adherido e, de non ser así, ten pensado asinar dito convenio?

 4.- Unha valorada atención que Servizos Sociais prestaba era un departamento de asesoramento á muller con persoal licenciado en dereito. Desde un tempo lamentablemente desaparecido.

Continuando coa necesidade, ve necesario o Goberno repoñer esta Asesoría á Muller?

5.- No decreto da alcaldía 108/2013 aparecen as asociacións culturais que recibiron subvencións. Hai poucas e pouca variedade.

Comunícaselle individualmente a cada sociedade, cultural ou deportiva, os prazos para poder solicitar as axudas?

 

Rogos e preguntas do Grupo Municipal do BNG de Pontedeume do 25 de Abril de 2013