O BNG-AA rexistra unha serie de deficiencias en Castrelo, Vizus e no Pilón da Praza do Conde.

O BNG-AA rexistra unha serie de deficiencias en Castrelo, Vizus e no Pilón da Praza do Conde.

O BNG-AA por medio do seu voceiro Antonio Salvadores Regueiro rexistrou no concello as seguintes IMG-20160329-WA0005deficiencias para que teñan unha pronta solución.

Pedimos a solución, xa apuntada en pleno, na pista por onde pasa a tubaxe de augas  residuais no lugar de Castrelo. Xusto nese lugar existe desde hai tempo unha fochanca que debilita o firme e, consecuentemente polo paso de vehículos, pode afundir a conexión dunha casa co conseguinte aumento de presuposto na obra.

Seguindo pola mesma estrada desde de Castrelo ata Vizús existe unha fochanca que ocupa totalmente o carril de baixada. Ao non estar debidamente sinalizada existe un perigo potencial, extremo pola noite. Son máis custosos as indemnizacións que xurdan.

Unha vez máis o BNG-AA solicita dese Goberno un plan de rebacheo aproveitando o tempo seco que nos espera durante polo menos unha semana.

Do mesmo xeito o Pilón necesita unha solución permanente. En plenos anteriores o BNG daba unha solución, non orixinal, haina en moitos lugares, a de impermeabilizar o interior do Pilón cunha pasta especial para estes casos. O actual aspecto non é do máis positivo para ese goberno.