Alegacións as Ordenanzas Fiscais Reguladoras e dos Prezos Públicos do Concello de Pontedeume.

Antonio Salvadores Portavoz BNG Pontedeume
Antonio Salvadores Portavoz BNG Pontedeume
Alegacións as Ordenanzas Fiscais Reguladoras e dos Prezos Públicos do Concello de Pontedeume.

O Bloque Nacionalista Galego por medio do seu Portavoz do Grupo Municipal, Antonio Salvadores Regueiro, expón:

Que na Sesión Plenaria Ordinaria celebrada o 25 de outubro de 2012 aprobou inicialmente os proxectos da modificación das Ordenanzas Fiscais Reguladoras e dos Prezos Públicos do Concello de Pontedeume para 2013. Téndose publicado o anuncio o 30 de outubro no Boletín Oficial da Provincia nº 207, e dentro do prazo previsto de 30 días, presenta as seguintes ALEGACIÓNS:

1.- Á ORDENANZA FISCAL Nº 9 REGULADORA DA TAXA POLO MANTENEMENTO DA REDE DE SANEAMENTO (rede de sumidoiros) E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS.

Co obxeto de minimizar a grave crise que padecen os comercios e eumeses en xeral;

Solicito quede sen efecto o aumento do imposto do 3,4 % e se tipifique máis xustamente as categorías de comercios que por a súa actividade non xeneran o que contribúen economicamente.

 2.- Á ORDENANZA FISCAL Nº 15 REGULADORA DA TAXA POLO SUMINISTRO DE AUGA POTABLE.

Dado que existen fogares unipersoais ou con escaso número de persoas; que segue aumentando as familias con reducidos recursos económicos; e que existen pequenos comercios que coa tarifa de uso industrial non chegan ao consumo mínimo de ata a 60.000 litros de auga;

solicito  que se  chegue a acordos coa empresa que presta o servizo para manter as tarifas deste ano 2012; reducir a franxa para consumo mínimo; e especificar máis detalladamente as taxas de uso industrial nos pequenos comercios.

3.- Á ORDENANZA  FISCAL Nº 22 REGULADORA DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO.

 Logo da subida do 4,3% neste ano 2012 e a proposta de subir de novo o 3,4% para o ano 2013; o aumento paulatino de familias en precario; e a non recollida diaria en parroquias;

solicito a conxelación das cotas tributarias e contemplar unha bonificación do 50% nos vivendas das parroquias.

 4.- Á ORDENANZA FISCAL Nº 28 REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO DA PISCINA MUNICIPAL E XIMNASIO.

 O principal fin deste servizo municipal é o terapéutico e para non asfixiar aínda máis as maltreitas economías dómesticas;

solicito se renegocie o contrato e quede sen efecto a proposta de acordo plenario sobre as tarifas desta ordenanza para o ano 2013.

Por todo isto SOLICITA

 Que sexan tidas por presentadas en tempo e forma as presentes alegacións aos proxectos de modificación das Ordenanzas Fiscais Reguladoras do Concello de Pontedeume para 2013, e se teñan en consideración para a súa modificación.