24 de setembro de 2019 (18:25 h.)
Os destrozos da rede viaria son visibles especialmente nas últimas semanas na parroquia de Centroña e nas inmediacións de Breamo. Camións de elevados tonelaxes deixan intransitables as pistas forestais e provocan grandes prexuizos incluso nas vías asfaltadas.