Novas
O ALCALDE OCULTA O SEU SOLDO Á CIDADANÍA
02/xul./2019
O traballo político debe ser pagado, e ben pagado (como calquera outro traballo), mais o concello non debe ser unha oficina de contratación.
Ocultismo. As palabras textuais do actual alcalde da vila, Bernardo Fernández: “A transparencia é secundaria” definen claramente as súa forma de gobernar. O alcalde negouse a facilitar cales ían ser o soldos do propio alcalde e do tenente alcalde.