O BNG LEMBRA A SÚA POSICIÓN FAVORABLE Á CONSTRUCIÓN DUNHA ESCOLA INFANTIL VERDADEIRAMENTE NOVA EN TERREOS PÚBLICOS.

ESCOLA INFANTIL "REPARCHEADA" = 600.000 EUROS

O BNG de Pontedeume amosa a súa preocupación polas dificultades de manter as condicións óptimas para as crianzas de menos de 3 anos (ruídos, suciedade, falta de espazo...) durante as obras da Escola Infantil “Chalet Rosa”

 

O BNG lembra a súa posición favorable á construción dunha Escola Infantil verdadeiramente NOVA en terreos públicos.
ESCOLA INFANTIL "REPARCHEADA" = 600.000 EUROS

O BNG de Pontedeume amosa a súa preocupación polas dificultades de manter as condicións óptimas para as crianzas de menos de 3 anos (ruídos, suciedade, falta de espazo...) durante as obras da Escola Infantil “Chalet Rosa”

O BNG lembra a súa posición favorable á construción dunha Escola Infantil verdadeiramente NOVA en terreos públicos.  Posición netamente contraria ao empecinamento do Sr. Bernardo Fernández, para construír una escola infantil:

  • nun calexón sen saída. Cuns accesos nefastos para deixar/recoller a nenas e nenos de menos de 3 anos (75 prazas, 75 coches particulares, 75 carriños de bebé...).
  • Sen un plan viario par o acceso.
  • Nun emprazamento sombrío, rodeado de edificios, cun proxecto modificado a última hora por problemas cos veciños.

 

E máis:

  • proxecto con dous edificios separados (non existe ningún exemplo moderno deste tipo para unha escola infantil)
  • cunhas aulas que non cumpren os mínimos de tamaño (os mínimos ¡¡¡) esixidos pola Federación de Municipios
  • con aulas e servizos en dous andares (aulas no primeiro andar ¡¡¡)
  • o acceso á Biblioteca Gurmendez, que se mantén no Chalé Rosa é pasando polo medio da Escola Infantil. ¿que normativa pode avalar esto ?
  • a nova edificación “comprime” o espazo propio do Chalé Rosa, unha edificación singular e protexida por Patrimonio
  • sen contar coa Comunidade Educativa no desenvolvemento do proxecto

 

O BNG reclama una escola infantil que (cun coste de preto de 600.000 euros) cumpra como mínimo coas seguintes características:

 

  • emprazamento nun lugar de fácil acceso para os coches particulares de pais/mais que leven aos bebés.
  • fora do centro. Aproveitando terreos de propiedade municipal (cambiando incluso o tipo de uso dos terreos a uso dotacional educacional)
  • nun edificio único (xuntos todos os servizos, aulas, zonas de descanso, cociñas, comedores, zona de profesorado....)
  • cun proxecto que satisfaga as dimensións mínimas de espazos das aulas. (recomendados pola a Federación de Municipios )
  • que conte cun proxecto que estea valorado tecnicamente por un órgano independente: colexio de arquitectos ou un arquitecto con experiencia no deseño de escolas infantís. E que recolla as demandas da comunidade educativa eumesa
ESCOLA INFANTIL "REPARCHEADA" = 600.000 EUROS