Resumo do pleno ordinario do mes de xaneiro de 2017

Resumo do pleno ordinario do mes de xaneiro de 2017

O máis salientábel do pleno ordinario do mes de xaneiro, celebrado o pasado día 26, foi a aprobación por unanimidade de toda a corporación municipal, de duas iniciativas presentadas polo grupo municipal do BNG de Pontedeume. Unha moción na que solicitabamos a implementación dunha taxa por aproveitamento especial de caixeiros automáticos que estexan instalados en fronte direta de fachada, incluíndoa na ordenanza fiscal reguladora das taxas por utilizacións privativas e aproveitamentos especiais do domínio público no Concello de Pontedeume. E outra moción aprobada na que instabamos ao goberno municipal a Iniciar os estudos e xestión necesarias para a tramitación e aprobación, a través da correspondente ordenanza fiscal reguladora, dunha taxa pola utilización ou aproveitamento do dominio público local polas empresas titulares de instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas ou hidrocarburos nos termos das sentenzas do Tribunal Supremo que así o avalan.

Alén disto, no tocante ao modificativo de crédito de mais de 360.000  euros, metido na orde do día por vía de urxencia. Voltámonos queixar da pouca previsión e planificación deste goberno municipal, e instámolo a que dunha vez por todas non se escude na má xestión do gobeno anterior, que é evidente, e se poña as pilas dunha vez por todas, xa que imos camiño de meio mandato municipal e seguimos con moitas eivas e improvisacións no tocante á xestión económica e planificación do Concello en xeral.

No tocante a rogos e preguntas interesámonos por:

1.-  AXUDAS ESCOLARES 2016/17

Iniciado xa o ano 2017 tendo en conta que se esgrimiron motivos técnicos para non convocar  as axudas escolares do curso 2016/17. Seguimos con retraso.

2.-ALUMEADO NA PISTA DE TENIS

Nestes momentos nos que é fundamental poñer en funcionamento políticas de aforro enerxético, tanto por motivos económicos coma ecolóxicos. Seguimos a ver como non hai unha adecuada xestión de aforro enerxético. Como por exemplo o que acontece na pista de Tenis accesa as 23.30 h.

3.-A FONTE DO PILÓN

Xa no mes de  marzo de 2016 púñamos en coñecemento a situación desta fonte. Solicitamos, por escrito e en pleno, un arranxo das filtracións…Seguimos igual.

4.- AXUDAS DA DIPUTACIÓN PARA PROGRAMAS DE NORMALIZACIÓN

A Deputación da Coruña convocou axudas para proxectos de normalización lingüística para este ano 2017.

Polo momento non hai trazas de que se faga nada.

6.-CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL

Iniciamos o segundo trimestre deste curso escolar e o CEM non foi convocado.

Outro claro exemplo de que non cren na participación.

7.-PROMOVER A PLANTACIÓN DE CERDEIRAS.

No programa electoral do PSOE a acción 57 dicía que se  promocionaría a plantación de cerdeiras na parroquia de Ombre.

Estamos nun momento do ano no que esta actividade pódese realizar. Non teñen nada programado.

8.-Páxina Web

Despois de múltiples preguntas e rogos, agardamos cumprimento destes.

Sen data. Segundo vaia!!

9.- Consello Municipal da Muller e de Saúde.

Existen regulamentos municipais destes Consellos.este goberno municipal promete participación da cidadanía mais estes órganos de participación están paralizados.

Por que non funcionan?

Non cadrou.

10.-ALAMEDA.

É notoria a elevación dos terreos da alameda que fan que diferentes árbores teñan soterrados os seu troncos e que o palco perdera a súa altura.

Esta situación está axustada ao proxecto?Si

Hai informe técnico de que isto non vai afectar negativamente ás árbores?

Si mais non son unánimes, hai diversas opinións.

As árbores disque teñen drenaxes.

Recalcamos que non fose pasar coma co teixo da rotonda da gasolineira. Cando xa se actúa sobre as árbores e logo non hai remedio.

Pouco coidado coas árbores senlleiras ( teixo e araucaria da finca dos Tenreiro, teixo da rotonda e ollo!! agora coa alameda)

11.- FALTA DE TESOUREIRO/A.

Ante as novas aparecidas en diferentes medios de comunicación coa problemática de diversos concellos que non contan co habilitado/a nacional. Non saben ainda como van facer.

Resumo do pleno ordinario do mes de xaneiro de 2017