PSOE e PP voltan votar xuntos unha nova suba de taxas á cidadania eumesa.

IMG_8517
Grupo municipal BNG-AA Pontedeume
PSOE e PP voltan votar xuntos unha nova suba de taxas á cidadania eumesa.

No pleno ordinario deste mes de xullo, asistimos novamente á escenificación plenaria de como PSOE-PP, Bernardo-Crespo, nas cousas fulcrais da política eumesa están de acordo. Aconteceu no Plan económico financeiro polo que se subian impostos como o IBI e o IAE sen paralelamente mellorar servizos, tamén se deran un abrazo na privatización de servizos que deberan ser municipais como o da dependencia, e voltou a ocorrer coa MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL N.º 29, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL CHALET ROSA.

A modificación era para INCREMENTAR a taxa que deben pagar as familias que están a sofrir,  na meirande parte dos casos, conxelación salarial. Preocupa que  os servizos fundamentais ( auga, luz…) teñan subidas constantes igual que os produtos de primeira necesidade.

O BNG-AA de Pontedeume VOTOU  EN CONTRA DESTA SUBA.

 Fixemos o que cremos correcto  en aras dunha política que teña en conta as situación da cidadanía.

Segundo eles ( PSOE, PP) a suba é pouca mais nós pensamos que moitas subas, luz, auga, IBI, IAE etc son o que ocasionan una gravosa situación familiar, tendo en conta que as subas salariais non se corresponden porcentualmente con os incrementos de taxas que PSOE-PP estan somentendo as maiorias sociais do noso povo.

Alén disto nos apartados de rogos e perguntas interesamonos e interpelamos por estes asuntos:

ROGOS

1.- ÁRBORES NO PASEO E NA ALAMEDA.

Hai algunhas árbores do paseo e da alameda que teñen pólas moi baixas e que fan que os viandantes choquen con elas.

PREGAMOS que se realice un corte ou poda destas pólas.

2.- FIRME DA R/PICHO.

Realizáronse obras nesta rúa  e na actualidade hai no lugar das lousas unhas bases de cemento-formigón.

SOLICITAMOS  que se coloque o firme axeitado a esta rúa.

3.- PANTALÁN DO PASEO.

O pantalán situado no final do paseo presenta deficiencias.

ROGAMOS se faga unha revisión do mesmo e se enmenden.

4.- COLECTORES NA ZONA DA PRAZA DO CONDE.

O cheiro que  hai, tendo en conta as temperaturas, nas inmediacións dos colectores da zona doa Praza do Conde é importante.

PREGAMOS limpeza dos mesmos xa que, ás veces, o tempo que hai entre cada unha das limpezas dos mesmos.

5.- EDUCAR EN IGUALDADE.

Este debe ser un principio no que estea baseado todo tipo de actividades programadas dende o concello.

A busca dun trato igualitario e a promoción positiva e non sexista da imaxe da muller ten que ser primordial.

ROGAMOS  que dende o concello se vele para que este principio se cumpra.

 

PERGUNTAS

1.- CENSO DE INMOBLES RUINOSOS OU ABANDONADOS.

 Ao inicio desta lexislatura pedimos en pleno un censo de inmobles en estado de ruína ou de abandono, díxosenos que estaba na súa mente facelo.

Xa pasada media lexislatura, está feito ese censo?

2.PEPRI

Xa no  pleno de febreiro de 2017 preguntamos por este documento.  

Xa hai algún avance?

Que prazo ten a empresa redactora para presentar a documentación?

3.- SUBSCRICIÓN Á PRENSA EN GALEGO.

Preguntamos no mes de febreiro, logo no mes de maio respondeuse que se había de facer efectiva este semestre.

É xa efectiva esa subscrición?

4.- CUMPRIMENTO DA ACCIÓN 44.

“Impulsar coa Demarcación de Costas a urbanización do entorno dapraia de Ver, dotándoa de mobiliario urbano, servizos de praia, beirarrúas, árbores baixas e ordenando o aparcadoiro”.

Que é o que está feito ata o de agora?

5.-VIVENDAS DE ALUGUEIRO SOCIAL OU EMERXENCIAS SOCIAIS.

No 2015 o BNG-AA presentou unha moción sobre Refuxiados e a raíz da mesma fixemos a proposta de que este concello contase con vivendas  para alugueiro social ou de emerxencia.

Existen no concello inmobles para este fin no 2017?

Teñen pensado habilitar as vivendas das escolas unitarias?

6.- PONTEDEUME NATURAL. ACCIÓN 56.

Xa estamos en pleno verán.

Que hai organizado desta promesa?

7.-PATRULLA NOCTURNA DA POLICÍA LOCAL.

Tendo en conta o incremento de poboación e visitantes na nosa vila durante o verán.

Está en funcionamento unha patrulla nocturna?

8.- AXUDAS ESCOLARES DO CURSO 17/18.

Para non volver caer nos retrasos deste curso.

Cando pensan convocar as axudas para o curso  que temos ás portas?

Haberá cambio de regulamento como se prometeu neste pleno?

Nas respostas do goberno a estas preguntas constatamos que agás algún pequeno avanzo, a maioria de promesas seguen á espera de ser cumpridas ou directamente non se van facer realidade neste mandato municipal.

 

 

 

 

PSOE e PP voltan votar xuntos unha nova suba de taxas á cidadania eumesa.