As consecuencias da privatización do servizo á dependencia por parte do alcalde Bernardo e o goberno do PSOE non se fixeron esperar.

saf
saf
As consecuencias da privatización do servizo á dependencia por parte do alcalde Bernardo e o goberno do PSOE non se fixeron esperar.

Lamentabelmente, e depois de que o alcalde Bernardo omitira por completo as recomendacións do BNG no pleno do mes de maio, indo da mao do PP neste asunto, debemos denunciar o acontecido no pleno de outubro, no que o goberno municipal tivo que incluir na orde do día, a última hora e por urxencia, a aprobación dunha serie de modificacións no Prego de condicións para a licitación do contrato do Servizo á Dependencia ao ficar este deserto debido á renuncia por parte da empresa adxudicataria. Un servizo que o concello de Pontedeume, despois da mocdificación no Prego de condicións, adxudicará a unha empresa privada por un importe total de 365.000 euros anuais.

 Alén disto temos que engadir que a empresa CLECE que na actualidade presta o servizo, ameazou ao concello con deixar de dar o este servizo a partir do día 31 se non se lle admitía unha suba do prezo, o que provocou que o alcalde e o gobernó municipal acatasen as demandas da empresa. Estamos diante das graves consecuencias que provocan o mercantilismo e privatización de certos servizos de primeira necesidade que deben ser de titularidade pública como é este caso. Como indica o propio expediente emitido polo concello sobre o grave problema que se poderia producir de executarense a ameaza da empresa “Tendo en conta que se carece de meios persoais propios para cubrir a atención requerida no que se encontran 38 persoas dependentes e dependentes severas do Concello de Pontedeume”(ver foto).

Como dicemos, O BNG atinou de cheo en todas e cada unha das eivas ao que se podía expor o concello de Pontedeume coa privatización do servizo ao fogar que quere levar a cabo este goberno municipal do PSOE co apoio do PP.

Compre lembrar que no último pleno ordinario do mes de maio, PP-PSOE votaron xuntos a saída a concurso do Servizo á Dependencia no concello de Pontedeume. Tan só os dous concelleiros do BNG-AA votaron en contra. Alegando por meio da nosa portavoz Ana Veira que o BNG acredita nun modelo de xestión de servizos públicos levado a cabo directamente desde a administración, con persoal e dirección directa municipal. Este modelo debe ser defendido con máis forza se cadra, cando se tratan de servizos que teñen por obxecto a atención directa ás persoas, e a atención á Dependencia é quizais dos servizos máis importantes e que con máis calidade se debe prestar por parte do Concello.

Tamén, indicar que no pleno do mes de maio fixeramos unha  serie de comentarios sobre o Prego que foron premonitorios co acontecido neste pleno do mes de outubro e que compre tamén lembrar:

1. O prezo por hora que se establece nos pregos é bastante leonino, o que pode incidir na calidade do servizo. Son uns pregos que deixan entrever unha xestión economicista, visto os prezos tan baixos por hora, sen ter en conta como pode repercutir isto na calidade do servizo. A empresa adxudicataria, a menores marxes de beneficio, traballo de menos calidade vai ofrecer ( emprego de mala calidade que se traslada á calidade da prestación dos traballadores para con os usuarios). Alén disto, que o peso da oferta económica sexa dun 60% sobre criterios especificamente técnicos tamén nos fai ver ese economicismo que se busca na prestación do servizo. Si finalmente o goberno opta por aprobar estes pregos debería garantir que a oferta técnica se adapte ás necesidades dos usuarios e coa calidade precisa, e que esa calidade que se oferta na proposición técnica sexa auditada na execución do contrato.

2. Parécenos ben que neste proceso de contratación se busque que a empresa adxudicataria sexa fiable e solvente. Pero isto non significa que se teñan que poñer uns criterios de solvencia económica tan altos, o que vai restrinxir a concorrencia e inviavilizar a posibilidade de que liciten pequenas empresas do sector na comarca. Os niveis de facturación que se esixen só están a altura do que poden acadar as EULEN, FERROVIAL e CLECE de turno...E todos estamos a ver día tras día, como hai unha relación directa entre a corrupción e a adxudicación a este tipo de empresas de servizos que deberán ser púbicos.

3. Para finalizar, o que fica claro é que o goberno municipal se quere quitar un morto de enriba na xestión deste servizo e ( delegar a execución material, as quendas de persoal, as baixas, as queixas dos usuarios, etc.).

As consecuencias da privatización do servizo á dependencia por parte do alcalde Bernardo e o goberno do PSOE non se fixeron esperar.