O PSOE segue a folla de ruta do PP para aprobar o PXOM.

O PSOE segue a folla de ruta do PP para aprobar o PXOM.

O PP realizou de xeito escuro e fechado unha serie de cambios no Plan Xeral de Ordenación Municipal elabourado polo BNG hai 8 anos, co único obxetivo de favorecer intereses particulares duns poucos en detrimento da maioría social do concello e sen dar resposta ás súas alegacións. Hai que lembrar que o Pxom impulsado polo BNG no goberno local de Pontedeume foi consultado e informouse a todas as asociacións veciñais e partidos políticos, co obxetivo de consensuar un plan que defendera tanto os intereses particulares como os xerais da veciñanza eumesa

E agora, un Psoe que senta no sillón, facendo antes un paripé de oposición, non ten reparado en seguir a folla de ruta do PP e respaldar un plan xeral de urbanismo que debería pasar por outra exposición pública, e co apoio dos monaguillos do PP que se absteñen para disimular os seus intereses particulares logo de modificar o feito polo BNG fai 8 anos. PP-PSOE, cómplices destes anos de paralise e agresión ao interese xeral da veciñanza.

O PSOE segue a folla de ruta do PP para aprobar o PXOM.