Mercado municipal un despropósito que aínda non finalizou

IMG_3185
Mercado municipal un despropósito que aínda non finalizou

Mercado municipal un despropósito que aínda non finalizou

A frustración vai continuar. O mega-proxecto iniciado polo Sr. Torrente e continuado polo Sr. Bernardo suma xa 6 anos (2 do PP + 4 do PSOE) de sufrimento para o tecido socioeconómico eumés e os antigos praceiros. O BNG solicitou en numerosas ocasións o replantexamento do proxecto. A falta de previsión e de planificación do Sr. Bernardo, vai retrasar a apertura do mercado debido a que aínda non están as bases para a adxudicación dos postos. Todo isto sen contar cos máis de 330.000 euros de sobrecusto que pagaremos todos os veciños. Volverán a pedirnos paciencia ?

O Feirón está a morrer !

O mercado municipal xunto co Feirón son dous dos motores económicos da nosa Vila. Lonxe de cumprir a promesa de impulsar unha profunda reorganización e dinamización do Feirón e axilizar as xestións para a reapertura do Mercado Municipal o goberno esta deixando agonizar o Feirón. Por que? Ou desinterese ou incompetencia? Por que imos confiar en que nos próximos catro anos algo vai cambiar? Seguiremos gobernando dende o facebook?

Mercado municipal un despropósito que aínda non finalizou