Solicitamos a bonificación no IVTM para vehículos híbridos, eléctricos ou que utilicen outros combustibles considerados respectuosos para o medio ambiente.

Solicitamos a bonificación no IVTM para vehículos híbridos, eléctricos ou que utilicen outros combustibles considerados respectuosos para o medio ambiente.

 

O GM do BNG-AA de Pontedeume no último pleno realizado ( no mes de xaneiro) fixo a petición ao goberno municipal de modificar ( por obsoleta, aínda está en pts) a ORDENANZA FISCAL Nº14. que ten que ver co IVTM.

No seu artigo nº5 recóllense dous tipos de bonificacións: unha sobre coches históricos e outra para vehículos que se adapten ao combustible sen chumbo.

Esta ordenanza está, neste punto, obsoleta xa que agora e dende hai tempo, todos os vehículos utilizan gasolina sen chumbo.

En aras a actualización e tendo en conta que se deben promover accións de coidado de medio ambiente e loita contra a contaminación.

SOLICITAMOS bonificación no IVTM para vehículos híbridos, eléctricos ou que utilicen outros combustibles considerados respectuosos para o medio ambiente.

Esta é unha medida axeitada ao momento que está implementada en multitude de concellos ( con diferentes % e condicionados) da que se poderían beneficiar moitos eumeses á vez que estimula cambios de mentalidade e respecto medioambiental.

Esperamos que sexa unha realidade, canto antes, pois dende o goberno municipal sempre se agochan detrás de “Temos moita carga de traballo, un volume de traballo brutal.”

 

Solicitamos a bonificación no IVTM para vehículos híbridos, eléctricos ou que utilicen outros combustibles considerados respectuosos para o medio ambiente.