Aprobada a moción do BNG contra o expolio ao pobo galego da AP9

15252622_710655899083590_8905401920541546242_o[1]
15252622_710655899083590_8905401920541546242_o[1]
Aprobada a moción do BNG contra o expolio ao pobo galego da AP9

No pleno extraordinario e urxente, que tivo lugar o pasado 28 de decembro do 2017 foi aprobada a moción contra o expolio  do estado español en connivencia con a empresa adjudicataria da AP9 ao pobo galego, apresentada polo BNG e coa abstención do PP local, seguindo coa súa política de non abordar os problemas que está infraestrutura, en mans privadas, está a traer para o noso país.

Alén disto, no pleno extraordinario puidose constatar o seguidismo do PSOE co xeito de facer politica do goberno anterior, non facendo os deberes á hora de regularizar servizos como o da Auga, ou a Piscina Municipal, onde prorrogaron as concesións de xeito irregular como afirman os diferentes informes desfavorábeis de secretaría e intervención, ao mesmo tempo que se negan a tomar o control público de xeito total ou mixto de ditos servizos, como lle solicitou o BNG en numerosos plenos.

 No tocante á moción aprobada, somos sabedores de que os partidos estatais fan políticas dun xeito nas autonomías e logo, á hora de defender estas, no Congreso dos Deputados as cousas mudan. nesta moción solicitamos:

 

  1. Manifestar o rexeitamento á subida das peaxes na AP-9, instando á Xunta de Galiza a que demande a súa supresión.
  2. Instar á Xunta de Galiza a que cumpra os acordos do Parlamento galego e demande do Goberno do Estado:
  • A transferencia da AP-9 á administración galega.
  • A supresión da peaxe no treito da AP-9 Vigo-Rande.
  1. Trasladar o presente acordo aos grupos parlamentares do Parlamento de Galiza, presidente da Xunta de Galiza e presidente do Goberno do Estado.

Os motivos que nos levaran a apresentación desta moción son que o goberno do Estado, a través do Ministerio de Fomento, acaba de autorizar a Audasa unha subida extraordinaria durante os próximos 3 anos do 3,1% para todos os tramos da AP-9, e que vén representar o dobre do IPC.

A privatización da AP-9 no 2003 está a significar grandes incrementos das peaxes nunha infraestrutura que está en mans dun fondo especulativo norteamericano e que goza dunha concesión ampliada até o ano 2048 baixo o Goberno do PP presidido Aznar. Unha explotación que outorga grandes beneficios económicos por unha infraestrutura xa amortizada, como demostran os multimillonarios beneficios da empresa concesionaria. Beneficios que nin sequera repercuten na mellora do servizo. Non se mellorou a iluminación nin o asfaltado en moitos tramos e reduciuse drasticamente o persoal das cabinas de pago. Rexistra colas de horas en períodos estivais ou datas sinaladas sen se adoptaren medidas de ningún tipo.

O BNG leva demandando desde fai anos que se tomen medidas para que a AP-9 sexa unha vía de comunicación galega, de competencia do Goberno galego, e de acceso gratuíto para todas as galegas e galegos. Nomeadamente, o BNG presentou iniciativas tanto no Parlamento de Galiza como no Congreso dos Deputados para demandar, entre outras medidas, a súa transferencia á Xunta de Galiza e que se suprimisen as peaxes.

A AP-9 abrangue unha parte moi importante do territorio galego, ao conectar toda a franxa atlántica e catro das sete cidades galegas, mais depende do Goberno do Estado que mantén peaxes desorbitadas para as persoas con menos recursos e lastran o desenvolvemento de sectores económicos galegos.

Con todos estes precedentes, é necesario que a Xunta de Galiza deixe de mirar para outro lado e asuma as demandas da cidadanía galega. É precisa a supresión das peaxes, melloras na autoestrada, que remate a explotación privada da AP-9 e se converta nunha autoestrada pública e gratuíta de titularidade galega.

O ano pasado, o Parlamento de Galiza, por unanimidade das forzas políticas, aprobou a 'Proposición de Lei  Orgánica de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galiza', que foi remitida ao Congreso para a súa tramitación e aprobación final.

O Bloque Nacionalista Galego aspira a que desde Galiza se tome o control desa autoestrada para rematar coas deficiencias na súa xestión, as tarifas abusivas, os incrementos constantes e mesmo que sexa empregada como obxecto especulativo por parte de grandes fondos de investimento dados os altos beneficios que xera a custa do peto de sufridos usuarios e usuarias da AP-9.

Tamén, en febreiro deste ano, aprobouse unha iniciativa do BNG polo que o Parlamento galego insta a Xunta de Galiza a demandar do Goberno do Estado a supresión da peaxe no treito da AP-9 Vigo-Rande.

 

 

Aprobada a moción do BNG contra o expolio ao pobo galego da AP9