Resume do pleno do mes de novembro.

IMG_8517
Resume do pleno do mes de novembro.

A continuación resumimos o pleno do mes de novembro. Houbo catro Mocións, dúas presentadas en tempo e dúas do PSOE presentadas por urxencia.

.- Presentouse por parte do PP o cambio de portavocía a favor de Andrés Pérez.

O maior conflito estivo na aprobación de ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN DE CONCELLOS DO CAMIÑO INGLÉS.

O problema é a dobre interpretación sobre a  obrigación de ir acompañado dun informe de intervención xa que terá un custe, mais na secretaría consideran que non no é pois ata que haxa a asemblea da entidade non se fixará esta.

Ante estas discrepancias o BNG solicita que se retire ata o mes de decembro para poder aclarar estas diverxencias e poder tomar unha decisión.

Acéptase por unanimidade.

.- O PP presenta unha moción sobre o 25 de novembro e o BNG tamén.

Considérase a primeira moi xeral e a do BNG presenta medidas concretas.

Por unanimidade acórdase facer unha declaración institucional.

.- Moción urxente sobre cofinanciamento local. Apróbase coa abstención do PP e faremos achegas  ou presentaremos outra moción que a complemente.

.- Moción urxente de Apoio ao conflito dos PAC

Apróbase PSOE e BNG e abstense o PP ( precisan máis información).

.- Houbo un momento tenso  cando o PP pregunta sobre problemas na praza do conde nº 10 ( para entrar nunha casa). Estaban os veciños presentes.

O alcalde dixo que estaba pendente do informe de urbanismo e que non había data clara de resposta. Regueifaron e os veciños marcharon bufando e dando un portazo.

.- Hai tres semanas que, polo visto, chegou o estudo da ordenanza de terrazas. Agardan propostas de urbanismo. Non houbo reunión cos hostaleiros.

.- Piscina municipal: parece ser que non está abrindo  cando corresponde. Haberá que comprobalo.

.- As beirarrúas de Andrade xa contan con todas as sinaturas da veciñanza O trámite será longo, despois  agardan aprobar o proxecto na Deputación.

1.- HOSPITALILLO.

Como albergue, seguimos sen ver ningunha luz. Publicidade si, pero non hai nada concreto.

Como está o proxecto? Non hai proxecto firme hai unha proposta para o Camiño de Santiago e así determinar como facelo (aumento ou non de volume.

Cal é o presuposto? Entre 200.000 e 300.000€

Cal será a financiación? Houbo unha reunión coa Directora Xeral de Turismo e non dan nada para a obra. Si para dotación.

 

2.- PECHE E REIXA NO PARQUE INFANTIL DE OLMO.

Xa se abriu o novo parque infantil de OLMO e non tiña instalada a reixa no seu perímetro.

Cando se poñerá? Está pendente de aprobación.

Disque hai reixa mais non é moi alta.

Estaba no proxecto ? Non de altura.

3.- PEPRI.

Despois de máis de 9 anos a Vila turística e monumental segue co mesmo aspecto abandonado e vello e a cidadanía sen aproveitar as axudas de rehabilitación e mellora.

En que situación está? Están adaptándoo á nova lexislación.

A quen se lle contratou? Xa no 2010 a unha UTE que agora non existe e segue nelo unha persoa desa UTE. O redactor xa estivo a traballar cos técnicos/as do concello.

Cal é o tempo estimado de remate? Terá que ser pronto a presentación do documento inicial.

Logo farase o proxecto que deberá ir aos diferentes organismos, exposición pública, período de alegacións, aviso a cada propietario/a...

Non se pode facer ningunha previsión.

4.- ORZAMENTOS 2019.

Só queda un mes para o remate do 2018 e aínda non temos ningunha noticia sobre os orzamentos que deberían aprobarse para ese ano.

Cando teñen pensado facernos chegar estes orzamentos 2019?

Non poden determinar.

En que fase están? Está o grupo de goberno con eles. Hai que incluír as obras do POS/PLUS 19

Iniciarase este ano cuns orzamentos prorrogados?

???????????????

5.- TEMPO DE ESPERA POR LICENZAS.

Contamos na actualidade de dúas arquitectas no servizo de urbanismo, unha delas contratada por carga de traballo.

Cal é o tempo medio para a concesión dunha licenza?

As de comunicación previa son en 10 días.

As de obras maiores dependen, moitas veces, doutros organismos implicados.

Moitas veces hai retrasos porque o/a solicitante non presenta a documentación precisa e hai que facer requerimentos.

Actualmente en que situación están?

Teñen moita carga de traballo. Vaise cubrir unha praza de Aux-administrativo para Urbanismo

6.- PÁXINA WEB.

Logo de tres anos, innumerables peticións seguimos como estabamos: Sen Páxina Web. En setembro xa estaban o 80% dos contidos e dixeron que para novembro. Xa remata o mes de novembro e...

Agora cal é a situación? Agardan que para a vindeira semana haxa unha reunión para decidir os últimos contidos.

O Dinamizador de turismo está a traballar neles.

Pode ser que no inicio do ano xa estea operativa.

7.- CEM 18/19

No comezo do curso, nun pleno, déusenos unha data o luns 22 de outono. Agardamos que non se remate o mandato municipal e que se repita o do curso pasado.

Cando se vai convocar o do inicio do curso? Para decembro.

8.- PRAZA ROSALÍA-PILÓN

Anunciada no seu momento. Esta praza necesita unha remodelación trasladando a fonte para que se aproveite o espazo para aparcamento.

Que proxecto hai? Non hai proxecto.

É unha praza de Portos de Galicia. Só había intención de retirar a fonte e aínda non hai decidida unha ubicación

 

9.- OFERTA DE EMPREGO.

Son moitos os concellos que están a facer oferta de emprego público.

No cadro de persoal do noso concello houbo xubilacións, haberá remate de contratos, xubilacións no primeiro trimestre do ano 19..

Hai que acometer accións con previsión.

Que prazas teñen pensado convocar?

Técnico habilitado nacional.

Aux-administrativo para Urbanismo.

Administrativo.

O remate de contratos cubriranse por subvencións

Estase facendo unha modificación da RPT.

Cal é a previsión no cadro de persoal da policía local?

Taxa de reposición: 1 praza.

Se é efectiva a Lei de xubilación anticipada: 2 prazas

 

 

Resume do pleno do mes de novembro.