O proceso Adiante tamén en Pontedeume afortalando o nacionalismo.

O proceso Adiante tamén en Pontedeume afortalando o nacionalismo.

Este sábado levamos acabo unha asemblea aberta no local do Colectivo Terra, encadrada no proceso Adiante. WP_20160430_21_13_04_ProProceso que levou ao BNG a ter asembleas por todo o país este mes de abril, co albo de levar a bon porto a refundación do nacionalismo como acordamos democráticamente na XV asemblea nacional. Un proceso de longo percurso e de abaixo arriba, cuxo obxetivo é a refundación do BNG a meio prazo co fin de que a sociedade galega dispoña dunha ferramenta política forte e auto-organizada, con centro de decisión na Galiza.

Este acto contou coas intervencións da eumesa Cristina Rioboo, membro da executiva comarcal e de Galiza Nova e de Iago Varela concelleiro de Cabanas e membro do consello nacional. A asemblea discurreu nun ambiente constructivo, onde o debate posterior as intervencións de Cristina e Iago foi moi participativo e sen tabús, e onde a idea mas demandada foi a de que o BNG tiña que camiñar cara unha maior coexión e coerencia interna, que conleve a que non se dea a sensación de que nuns sitios actuamos dun xeito e noutros doutro. Tamén que este camiño é axeno a os procesos eleitorais próximos, e xa que logo, o que se busca é sentar as bases do nacionalismo dos próximos lustros, para que poidamos convencer á sociedade galega da importancia de contar cunha organización nacionalista forte, sen dependencias, para a defensa os seus intereses.

Á finalización do acto contouse coa atuación musical do canta-autor Zalo, que nos deleitou coas súas letras de temática referente á problemática da emigración galega. Un lastre que lonxe de remitir, desgrazadamente segue moito de actualidade entre a nosa mocidade.

O proceso Adiante tamén en Pontedeume afortalando o nacionalismo.