Jorquera defende no Parlamento a reparación integral do Mercado de Pontedeume

Jorquera defende no Parlamento a reparación integral do Mercado de Pontedeume

mercado manifestaciónJorquera defende  no Parlamento reparar o Mercado de Pontedeume para que praceiros e praceiras  poidan retornar ás instalacións.

 O deputado trasladou as  demandas dos e das praceiras sobre a reapertura do mercado para garantir  a actividade comercial na vila  e os postos de traballo

O deputado do BNG, Francisco Jorquera formulou onte unha pregunta parlamentaria en comisión sobre a situación do mercado municipal de Pontedeume e as previsións do Goberno ante as demandas d@s praceir@s para a súa reparación.

 Na súa intervención, Jorquera asegurou que o mercado funciona dende hai varias décadas e constitúe un dos servizos obrigatorios dos concellos segundo o regulamento do réxime local, pero o abandono das obrigas de mantemento e conservación da estrutura do  edificio, por parte do concello levou a que a propia Consellería de Sanidade detectara deficiencias de seguridade e salubridade no ano 2011.A  nula  “dilixencia” do concello para resolver a situación, dixo,  está a provocar un conflito social “sen precedentes”.

 Jorquera salientou que o mercado é “un elemento dinamizador da economía local”  e quen coñeza Pontedeume, explicou, sabe que é unha vila de servizos onde todos os sábados se celebra o feirón que xunto ao mercado representan un dos principais elementos de atracción e impacto económico.

 O deputado defendeu a protección de  ambas actividades comerciais así como a súa potenciación ante a crise económica e evitar a destrución  do tecido local que  debe competir  coas grandes superficies comerciais de cidades próximas.

 O parlamentario explicou que o pasado 22 de outubro,  o concello decretou o peche do mercado e  o traslado dos/as praceiros/as a unhas instalacións provisionais denominadas “lonxas de Raxoi”, decreto ademais, “resolto sen  expediente administrativo sen dar traslado aos concesionarios para presentar alegacións”.

 Jorquera denunciou as condicións das novas instalacións e a falta de espazo para  os expositores de frío e dificultades dos clientes para acceder aos postos.

 Pola súa parte, a Directora Xeral  de comercio da Xunta alegou que os proxectos de reforma son responsabilidade do concello e a “Xunta non pode interferir nesas competencias municipais” e en canto o mercado provisional foi inspeccionado e as condicións se “adecúan a lexislación vixente” con puntos de auga e cámara frigorífica.

 Na quenda de replica, Jorquera lembrou que a Xunta ten competencias en materia de consumo, comercio e sanidade e ante un problema non pode mirar para outro lado, “non abonda, dixo, con que a Xunta diga que sería desexábel desbloquear o problema, a Xunta debe iniciar accións para resolver a situación”, sentenciou.

Jorquera defende no Parlamento a reparación integral do Mercado de Pontedeume