O goberno do PP con o Alcade á cabeza despreza @s veciñ@s.

O goberno do PP con o Alcade á cabeza despreza @s veciñ@s.

20150111 (2V)As contínuas queixas que os veciños e veciñas das parroquias e da vila lle fan chegar ao alcalde sobre a deficiente prestación dos servizos municipais fai que o BNG se sume con iniciativas diante do goberno local para que se resolvan os problemas.

O BNG en escritos dirixidos á Alcaldía e mediante propostas, rogos e preguntas en distintos plenos, insiste que o alcalde debe reorganizar os servizos de limpeza, recollida de lixo e refugallos; o adecentamento dos parques infantís; o mantemento de camiños veciñais; a reparación das pedras das rúas, prazas e paseo marítimo.

 NON HAI DESCULPA PARA UN SERVIZO MAL PRESTADO

O Goberno eumés non utiliza de forma eficiente os recursos e amosa unha vergoñenta xestión política da recollida de lixo en parroquias e, tamén, no casco histórico. Non existe escusa que xustifique a non recollida diaria, dúas  ou tres veces á semana e, ás veces, como se comproba continuamente, tan só unha recollida semanal. A diferenza de trato entre  as parroquias é evidente.

A imaxe dada as persoas que nos visitan é caótica e di moito dos gobernantes que temos, basta ollar os colectores cheirentos e necesitados dunha limpeza, dos colectores soterrados oxidados e dos seus respectivos arredores .

O alcalde laméntase dun só camión de recollida, cando existen dous condutores que se alternan polo legal descanso e, polo tanto, non poden operar os dous camións á vez. Ademais nos casos de baixas, vacacións e sobrecarga de traballo contratan á empresa amiga de Miño para facer estes traballos.

O máis inxusto está en que as vivendas sitas en parroquias pagan a mesma taxa que na Vila sen ter o mesmo servizo.

 Tamén, noutra fotografía (11 de xaneiro), compróbase o estado dun parque infantil na parroquia de Centroña,  cheo de maleza e cun banco camuflado, que o fai inutilizábel e representa un insulto para os veciños e veciñas.

Este estado de abandono, está así desde o verán onde apareceron cobras e agora é territorio de ratas, xa foi denunciado en varias ocasións pola veciñanza, afirmando que son tratados como cidadáns de segunda categoría.

O goberno do PP con o Alcade á cabeza despreza @s veciñ@s.