Imprimir

DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

BNG de Pontedeume | 18 de novembro de 2019

Violencia Machista
Violencia Machista

No BNG somos absolutamente conscientes de que O NIVEL EDUCATIVO É CRUCIAL PARA ERRADICAR A VIOLENCIA DE XÉNERO

A Fiscalía Superior de Galiza alerta sobre un incremento do 25% dos casos de violencia de xénero entre menores e advirte dunha tendencia a alza.

No BNG somos absolutamente conscientes de que O NIVEL EDUCATIVO É CRUCIAL PARA ERRADICAR A VIOLENCIA DE XÉNERO

O BNG de Pontedeume propón que antes de fin de ano:

  • que se convoque unha reunión do Consello Escolar Municipal de Pontedeume
  •  que se promova institucionalmente dende o concello a creación dunha acción educativa para a prevención da violencia de xénero coordinada entre todos os centros educativos do concello
  • unha acción educativa coordinada con todos os axentes interesados: consellos escolares, ANPAs, docentes, alumnado, asociacións culturais...

En Cabanas, o noso concello veciño e amigo, o tenente de alcalde é do BNG. Estes son os actos programados en Cabanas para o 25 de novembro, un día para insistir na loita e concienciar #ContraaViolenciaMachista.

Animamos ao concello de Pontedeume a sumarse á loita contra esta inxustiza execrable e preparar un programa propio para esa data. Algo máis que  “pegatinas e camisetas”.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/dia-violencia-machista/20191118214215001193.html


© 2021 Bloque Nacionalista Galego de Pontedeume

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal