Aprobada a moción do BNG para a mellora da internet nos institutos de Pontedeume no último pleno.

Aprobada a moción do BNG para a mellora da internet nos institutos de Pontedeume no último pleno.

concello.jpgO máis salientábel do pleno ordinario do pasado xoves, 30 de xaneiro, foi a aprobación da moción que o BNG de Pontedeume presentou, onde se solicitaba á corporación municipal que instase á consellaría de educación que subsane o problema de conexión a internet que padecen os IES Breamo e Fragas do Eume. Hai que lembrar que por mor desta problemática os estudantado do IES Breamo xunto coa dirección do centro están levando a cabo unha recollida de sinaturas entre o estudantado e pais e nais do alumnado para seren entregadas na Xunta de Galiza.

 No desenrolo deste punto saiu a necesidade dos demais centros educativos de primaria que tamén teñen problemas de conectividade. O BNG por medio do seu portavoz, Antonio Salvadores, aproveitando o momento deixou caer que a toda a parroquia de Andrade, incluído o CEIP, a conexión é case nula.

Aliás disto, máis do mesmo, ineptitude e desleixo do Sr Alcade e o seu equipo de goberno do PP cos problemas reais das e dos eumeses. As outras dúas mocións que presentamos foron rechadas polo goberno muinipal, este é o resumo:

  • O Goberno do PP votou en conta de manter o patrimonio artístico e cultural das antigas caixas de aforro que foi adquirido e aumentado grazas aos fondos económicos de galegos e galegas durante moitos anos e que trataba que a Xunta de Galicia se implicase na protección deste patrimonio.
  • A outra moción tamén rexeitada, lida pero non debatida polos votos en contra do Partido Popular, buscaba que o Concello se manifestase en contra da suba do 22 % na contribución ás persoas autónomas e microempresas de máis de 10 traballadores, representa un incremento de 60 € ao mes, que para o sector empresarial e autónomo cunhas mermas de ingresos e suba doutros impostos municipais que tamén en Pontedeume resulta asfixiante.

No capítulo de ROGOS  instou ao goberno para que planifique a tempada de verán nas problemáticas praias de Ver e Centroña polos problemas que todos os anos dan a calidade das augas, servicios de duchas, limpeza e salvamento e socorrismo.

A preocupación do BNG é, outra vez, a prórroga dos presupostos do 2009 e, sarcásticamente, que empecen a traballar no do 2015 por ser ano de eleccións municipais.

Solicitamos unha solución para o Pavillón "A Casqueira", xa que pola condensación e chan esvaradizo suspendéronse varios encontros de baloncesto e balonmán co grave problema económico que conleva para os clubs respectivos.

No capítulo de PREGUNTAS o BNG interesouse pola tardanza da aprobación inicial do PXOUM na que vemos incapacidade no Goberno para axilizar un plan necesario para Pontedeume. Pregamos que o alcalde neste seu oitavo ano de lexislatura saque o PXOUM da gaveta.

A mesma necesidade para o PEPRI no que se refire a rehabilitación do casco histórico no que abunda o abandono de vivendas e edificios en estado ruinoso preocupante.

Van 9 anos desde o proxecto do Edificio Firrete, ao final do peirao, e que actualmente mantén soamente a estructura e non se atisba preocupación por parte do goberno para rematar e darlle utilidade. O mercado municipal non ten visos de que se lle estea dando dende a alcaldía unha solución a curto-meio prazo, sendo este tema de fulcral importancia non so para as e os praceiros, senón para todo o tecido económico do concello.

Outras preguntas con resposta ambigua e dilatoria xiraron sobre as dilixencias doutras mocións aprobadas polo pleno como as que presentou o BNG ; A gratuiidade da peaxe no tramo Fene Miño e enlace no polig de Vidrieiro, ou a que se refería á seguridade vial de Campolongo. Sobre o teixo seco e sen recuperación sito no Parque Sarmiento para que fose talado; sobre as alegacións feitas hai un ano ao Inventario de Bens Municipais e que están sen resolver e sobre o futuro incerto da nova Escola Infantil Muncipal; e falta de compromiso de partidas económicas para a 2º fase de rehabilatación do Mercado Municipal. En definitiva, constatamos pleno tras pleno a incapacidade e falla de gañas deste goberno municipal para sacar adiante os proxectos e problemáticas que ten a veciñanza eumesa dandolles as solucións máis acaidas.

Aprobada a moción do BNG para a mellora da internet nos institutos de Pontedeume no último pleno.