O Plan Económico Financeiro do goberno municipal, máis impostos ao povo, piores servizos.

Plan Económico Financieiro
Plan Económico Financieiro
O Plan Económico Financeiro do goberno municipal, máis impostos ao povo, piores servizos.

O BNG de Pontedeume rexeitou o Plan Económico Financieiro para o periodo 2016-2017 elaborado polo goberno municipal e que apresentou no pleno ordinario celebrado o 26 de setembro.

Este plan nace como consecuencia de non ter cumprido o Concello de Pontedeume coa estabilidade orzamentaria, principalmente nos anos 2014-2015. Alén de que parte da culpa do incumprimento, que non toda, sexa imputábel ao goberno anterior do PP, por ter prorrogado o orzamento municipal durante anos provocando desaxustes orzamentais. Non é menos certo que a principal causa da imposición a Pontedeume desta restruturación económica-financeira, ten nome e apelidos, e non son outros mais que o partido do Sr Bernardo PSOE e o do Sr Crespo PP, ao chegaren ao acordo que dera lugar á reforma expres da Constitución, con noturnidade e alevosia e sen consulta popular previa. Esa mesma constitución que non se pode tocar para que os povos poidan decidir libremente o seu futuro. Compre lembrar isto, como ben lle recordou ao alcalde o concelleiro do BNG Xurxo Allegue.

Esta reforma constitucional tivo como principal beneficiario o resgate mediante carto público da banca e das grandes fortunas após a crise financeira, de tal xeito que se cercenou de raiz o investimento e finanzamento público nas administracións, entre elas as municipais, levando a recortes nos servizos públicos e á privatización dos mesmos. Son precisamente estas grandes empresas e fortunas ás que se lles están adxudicando en moitos casos estes servizos privatizados con diñeiro público, despois de ter pagado os seus excesos na burbulla financeira, como no caso do servizo ao fogar que recentemente privatizou este goberno municipal.

Este plan, como non podia ser doutro xeito, é unha fotografía de todo o que acabamos de explicar. E resúmese en que o Concello de Pontedeume vai incrementar os ingresos ( ver foto ) mediante impostos a través do "catastrazo" entre outros, mais isto non vai ir acompañado de potenciación económica ou melloras nos servizos que o concello presta á cidadania eumesa, porén, é moi provábel que sexa todo o contrario, e como indicamos no título, o povo pague mais impostos para ter piores servizos.