O goberno municipal de Pontedeume elude as prácticas democráticas

O goberno municipal de Pontedeume elude as prácticas democráticas

O PSOE non cumpre os seus compromisos coa cidadanía

O goberno do PSOE de Pontedeume levou no seu programa electoral o seu compromiso coa  cidadanía e a súa promesa de dar  canles de participación á mesma.


Xa levamos ano e medio de mandato municipal e polo de agora  as promesas seguen incumpridas.
A participación cidadá non é facer unha pantomima de pleno, fóra da Casa do Concello, sen legalidade nin regulamentariamente, sen que o falado  ou acordado sexa válido...
 
O BNG-Asembleas Abertas, xa dende os primeiros meses, achegoulle ao goberno local información e suxestións sobre como facer uns verdadeiros plenos participativos, onde veciños e veciñas sexan os protagonistas,  e que seguen agardando por eles.
Semella que  para o PSOE xa abonda coas representacións cara á galería que fai fóra da Casa do Concello.
A corporación municipal ten creado órganos que fomentan a participación, cos seus regulamentos e que non funcionan porque o goberno deste concello non os pon en marcha, ben porque segundo resposta en pleno Non nos demos conta, pasóusenos”  ou ben utilizando a  repetida frase, usada con desprezo democrático sen intención de cumprila, de estase estudando”.
 

Por exemplo, CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL que é un órgano no que están representadas as voces que sobre educación están implicadas neste concello. É un órgano de consulta e participación cidadá dos sectores afectados na programación do ensino non universitario e na planificación dos centros escolares no ámbito municipal, que debe ser consultado en todos os asuntos relativos ao ensino pola corporación municipal. Debería terse convocado no último trimestre do ano pasado para funcionar durante este curso e iniciado febreiro, nada; pasividade do goberno local do Psoe para a problemática existente no ensino.

No pleno de xaneiro o BNG-Asembleas Abertas pediu a súa convocatoria inmediata, diante do mutismo dun Psoe que na oposición pedía constantemente o seu funcionamento. Tamén demandamos a posta en marcha dos consellos municipais da Muller e de Sanidade. Todo isto dentro das incumpridas promesas do Psoe e dos enganos a cidadanía que representan estas condutas.


O BNG-Asembleas Abertas de Pontedeume  defendeu, defende e promociona unha verdadeira participación cidadá naqueles foros existentes ao igual que insta a apertura doutros necesarios e polo que reclamamos ao  goberno municipal do PSOE  a posta  en marcha real destas canles