O goberno municipal aproba as nosas iniciativas mais logo non as leva a cabo.

O goberno municipal aproba as nosas iniciativas mais logo non as leva a cabo.

Neste pleno do mes de outubro o noso grupo municipal constatou, mais unha vez, a falta de vontade por parte do goberno á hora de levar a bon porto moitas das iniciativas apresentadas polo BNG e que foran aprobadas en pleno como son:

  1. Apoiar unha transformación do modelo enerxético apostando por alternativas ás grandes eléctricas. Mediante cooperativas enerxéticas que aposten por un modelo social, ético e limpo da enerxía. A pesar de ter o contrato da luz de xeito ilegal, nada se fixo por estudar a posibilidade de regularizar este contrato por medio de este tipo de cooperativas. Este goberno aproba en pleno para quedar ben e logo non fai nada para levar a cabo a iniciativa.
  2. Ordenanza municipal do espazo público relativa a que as entidades bancarias paguen polos caixeiros automáticos na rúa. Tamén apresentada polo BNG e aprobada no pleno, nada de nada.
  3. Actividades desde o Concello relativas á reposición das vitimas do franquismo no noso concello. Idem.
  4. Regularización protección e valorización da foz do Eume e da sua fauna salvaxe. Idem.
  5. tamén non se fixo nada apesar de ter aprobada a nosa iniciativa por erradicar especies invasoras como o carrizo de palma.
  6. Nen a de estudar a posibilidade de cobrar ás eléctricas por uso de solo para as suas instalacións no noso concello.
  7. Ou a solicitude de que haxa subscripcións de imprensa en galego e que se rompa com o monolinguismo en castelán. O único que fixo foi facer unha subscripción de un semanario en galego. Compre lembrar que este concello gasta entre 6000 e 7000 euros anuais en imprensa, dos cuais en imprensa en galego gasta 155 euros ao ano.

E así poderiamos seguir até decenas de iniciativas que o noso grupo municipal elaborou para que este concello sexa unha referencia e funcione mellor para o ben estar da cidadania eumesa, e que despois de seren aprobadas polo alcalde e o goberno municipal, fican na gaveta.

Alén disto, compre destacar que as duas mocións apresentadas polo noso grupo, relativas á politicas forestais e  desenvolvimento rural para evitar as catastrofes como á acontecida este més no noso país e a relativa á non violencia contra as mulleres, foron aprobadas sen o apoio do PP que pretendia cambialas para eludir a responsabilidade que ten a Xunta en ambas problemáticas.

No relativo a Rogos estos foron os que presentamos en pleno

1.PREVENCIÓN  DE LUMES.

Xa en no pleno de maio d0 2017 pedimos a este goberno un control de talas, repoboacións…

 Que se puxese especial fincapé no cumprimento da ordenanza aprobada no 2001 no que atinxe as condicións marcadas nela.

Só hai que botar unha ollada para ver o seu incumprimento. Nas inmediacións de Breamo ( zona de especial protección paisaxística) , nas beiras das estradas polas diferentes parroquias, preto das fontes, de cauces fluviais, Picho...

ROGAMOS a posta en marcha, dun xeito real, de accións de control que muden esta realidade do noso concello.

2.-APARCADOIRO do IES FRAGA DO EUME.

Pregunta do mes de xullo: Están incluídas as prometidas á comunidade escolar para construír o peche da área deste centro educativo? Non  disque hai que facer unha memoria de actuación xa que é unha obra á que se lle deben pedir permisos a outros organismos.

Cando podan farano.

O PP di que esa memoria xa a deixaron feita eles e polo tanto xa se poden acelerar os tempos. Que llo recorden ao técnico.

Iniciamos un novo curso escolar.

PREGAMOS o cumprimento das promesas para que esta obra se dea feito XA!!!

3.-PRENSA EN GALEGO.

Fixemos chegar xa varias petición a última no mes de xullo respondéusenos que estaba solicitada para o centro de maiores.

O día 25 de outubro comprobouse que non está aínda.

SOLICITAMOS cumprimento do que no pleno se afirma.

4.- ACTIVIDADES DE SENSIBILIZACIÓN  DO 25 DE NOVEMBRO.

É de vital importancia sensibilizar á cidadanía e en especial aos mozos/as sobre temas relacionados coa igualdade de xénero e a non violencia.

PREGAMOS a organización de actividades con este obxectivo.

5.- PÁXINA WEB DO CONCELLO.

Xa estamos  na segunda metade da lexislatura e seguimos vendo con abraio unha páxina oficial sen adaptar, con informacións caducadas, polo tanto con mentiras cara aos que buscan información, mal escrita….

Estamos cansos de promesas e de escoitar que teñen boas intencións, queremos realidades.

ROGAMOS, unha vez máis, contar cunha páxina web,  alo menos, veraz e fiable.

6.- “UNHA OLLADA A VILADOCE”.

Este é o nome do material (conto) que o colectivo didáctico medioambiental Lapis Verdes propón para actividades nos centros educativos.

SOLICITAMOS se estude esta proposta.

7.- ACTIVIDADES SOCICULTURAIS.

Entramos nas portas dunha nova  programación de actividades socioculturais, organizadas polas diferentes concellalías, ofertadas pola Deputación ou outros entes.

ROGAMOS se teña especial atención no fomento cultural de tradición galega.

8.- CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL.

Sendo este un órgano  que debe porse en funcionamento cada curso escolar.

PREGAMOS  a convocatoria do mesmo neste inicio de curso 17/18.

En canto as preguntas:

1.-PISCINA MUNICIPAL.

Somos coñecedores de diversas queixas de usuarios/as destas instalacións municipais dende hai un par de anos.

Cal é a situación a día de hoxe cos diversos problemas na coa empresa responsable da piscina municipal?

Que pasos hai que dar para subsanalos?

2.- PLANET CLUB

Xa iniciado este novo curso escolar 17/18 e sabedores de que é esencial  un labor de prevención cos rapazes/as desta vila dun xeito continuado.

Cal é o programa de actividades do Planet Club?

Vaise facer sistemático no tempo ou accións puntuais?

3.-  AXUDAS ESCOLARES 16/17 E 17/18.

Cal é a situación das axudas 16/17?

E as das 17/18?

4.- ACCIÓN 36 .

“Apostar por un plan de compostaxe doméstico no rural”

Esta foi unha promesa escrita nun papel.

Vaise facer este plan?

En que consiste?

5.- MOCIÓNS APROBADAS…

 Apróbanse moción e tómanse acordos que non estamos a ver que se implementen  na realidade.

Que  ocorre coas taxas de caixeiros e de uso público ás eléctricas?

6.- ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS.

Na convocatoria deste ano houbo algún grupo con xente en reserva. Foi rechamante constatar que ocuparon prazas persoas de fóra do concello quedando sen ela outras que si que o son.

As actividades organizadas por un concello deberían beneficiar aos que pagan os imposto nel.

Foron coñecedores deste suceso?

Que teñen pensado facer para evitar esta situación?

 

7.- NOVA RPT.

Estase a elaborar unha nova RPT.

Cal foi o gasto que lle supón ao concello este estudo e proposta?

Cal é o proceso que hai que seguir?

8.- NORMALIZACIÓN.

Cal é a programación de actividades de normalización?

Vanse promover accións cos centros educativos?

Ao igual que comentamos ao inicio da noticia, vemos con grande preocupación que todo canto promete este goberno non é quen de levalo a cabo, sendo un goberno moi seguidista con o goberno anterior do PP, con mellor talante democrático iso sí, mais tampouco era dificil mellorar nese aspecto co listón que deixaran.