O BNG de Pontedeume desenvolverá este sábado a súa xornada electoral central 

Ana Pontón Candidata polo BNG
Ana Pontón Candidata polo BNG

Ana Pontón nunha intervención no 2015 na Casa da Cultura de Pontedeume.

 

O BNG de Pontedeume desenvolverá este sábado a súa xornada electoral central 

Este sábado 17 de setembro o BNG de Pontedeme desenvolverá a xornada principal dentro de toda a actividade electoral programada para estos quince días de campaña electoral.

A xornada dará comezo cun reparto coincidinco co feirón na Vila e continuará até que ás 12:00 do día no que desenvolveremos un acto aberto na Casa da Cultura de Pontedeume.

No acto aberto e repartos estarán representantes orgánicos e institucionais do BNG de Pontedeume;  a comezar pola nosa voceira no Concello, Ana Veira, así como o concelleiro Xurxo Allegue, alén do Alcalde de San Sadurniño, Secundino García, e o candidato comarcal ao parlamento Galego, Iago Varela, veciño da localidade de Cabanas e voceiro do BNG no Concello.

Desde o BNG-Nós Candiadatura Galega convidamos a todas/os veciñ@s a participaren desde acto, e así seren ouvintes de primeira man das propostas que desde o BNG levaremos ao futuro parlamento de Galiza resultante das eleccións a celebrar o vindeiro 25 de setembro.

Acto Pontedeume

Previsións:

Sábado, 17 de setembro ás 11:00: reparto pola feira e mercado de Pontedeume

Ás 12:00 acto aberto na Casa da Cultura, onde intervirán: Ana Veira, voceira municipal do BNG- Pontedeume, Secundino García Casal, alcalde de San Sadurniño e Iago Varela, candidato ao Parlamento Galego.