Aprobadas as iniciativas apresentadas polo BNG de Pontedeume.

Aprobadas as iniciativas apresentadas polo BNG de Pontedeume.

No pleno ordinario do mes de febreiro compre destacar as iniciativas apresentadas e aprobadas pola nosa formación. A primeira moción aprobada  apresentada por nós foi a de darlle o nome do paseo marítimo de Pontedeume a nosa poeta nacional Rosalia de Castro, aproveitando que o  24 de febreiro de 2017 cúmpríronnse 180 anos do seu nacemento.

A segunda iniciativa que apresentamos e que tamén foi aprobada pola corporación municipal foi a relativa aos danos causados polos temporais e as responsabilidades das compañias eléctricas. Nela pediamos ao goberno municipal:

Instar ao Goberno galego a:

a)  Facer unha avaliación urxente e un estudo dos danos producidos polos temporais de 2017 nas infraestuturas e servizos de titularidade pública e privada: infraestruturas e equipamentos públicos, mobiliario, equipamento e bens dos fogares; infraestruturas e bens do sector primario (agrario, gandeiro, forestal, marisqueiro, pesqueiro, acuícola…), actividade industrial e sector servizos.

b) Aprobar axudas para os concellos, fogares e empresas que sufriron perdas como consecuencia dos temporais.

c) Exixir responsabilidades e estabelecer medidas sancionadoras ás empresas titulares das infraestruturas polo mal estado das mesmas e ás prestadoras de servizos de subministro eléctrico polo tardío e deficiente operativo de resposta para minimizar os efectos dos cortes do servizo.

d) Obrigar ás empresas subministradoras de enerxía a efectuar unha auditoría da situación das liñas eléctricas en Galiza, presentar un plan para subsanar as deficiencias urxentes e unha programación para acometer os investimentos precisos de forma continuada que garantan unha axeitada conservación da infraestrutura eléctrica.

E ao goberno municipal eumés a prestar apoio e asesoramento á veciñanza afectada a través dos servizos municipais, a fin de axudar na presentación de reclamacións ou solicitudes de axudas, así como efectuar o seguimento na súa tramitación, para compensar os danos e perdas sufridos con ocasión do temporal.

A última moción aprobada  por unanimidade  presentada polo BNG-AA relativa ao (8 de marzo onde é de vital importancia que se insta ao goberno da xunta a un estudo sobre o impacto, grao de cumprimento e vixencia da Lei 7/2004, do 16 de xullo, sobre igualdade de homes e mulleres no que se intergren partidos, sindicatos, axentes sociais e colectivos feministas.

Cremos que a situación actual de feminicidios cando menos amosan unha situación de gran alarma e precisan novas lexislacións.

Alén disto compre salientar que tras variias preguntas e rogos por parte do BNG_AA de Pontedeume están vendo os seus froitos e :

:_ Estase facendo unha intervención no paseo marítimo deste concello que se atopaba en franco deterioro, situación denunciada xa dende os medios de comunicación.

.- A limpeza do lavadoiro do lugar de eEsteiro, está sendo unha realidade e agardamos que axude a que non se asolaguen as casas colindantes en caso de choiva como xa pasou o inverno pasado..

Por último no apartado de rogos e preguntas estes son os temas que plantexamos no pleno de febreiro:

Preguntas

1.-RECOLLIDA SELECTIVA

Somos todos/as coñecedores de que no que atinxe á recollida selectiva debemos facer campañas de sensibilización e información coa poboación cada certo tempo.

Pensan facer algunha neste proximamente?

Dirixidos a escolares, compostaxe e reciclaxe para alumnado de E.P

Eu fágolles a suxestión de que  sexa tamén para IES

Están repostos os cartaces informativos da recollida de lixo e enseres como xa se solicitou noutros plenos? Non saben onde faltan. Facémoslle unha pequena lista.

2.-PEPRI

Continuamos sen saber , dun xeito aclaratorio, a situación deste Plan.

Cal é a situación actual?Explican a historia deste dende 2011, fixéronse pagos ( 75.00 € gastados, incluída a subvención da Xunta) por documentos no rematados. En certo modo o PXOM está unido ao PEPRI  xa que non se poden facer rehabilitacións no caso mentres nono haxa.

Só hai documento de inicio, agora non  hai subvencións.

Propoñen facer una reunión cos tres grupos para poder decidir que camino tomar.

Nós fixemos fincapé na urxencia.

Houbo algún avance ou reunión cos organismos competentes?

Non hai nada máis que o que explicou.

3.-VELUTINA

Segundo se nos informou por parte deste GM este concello conta con certos utensilios para loitar contra esta praga.

Pensan facer alguna actividade formativa para cidadáns?

Non, xa se fixo e non houbo asistencia. Disque a cidadanía quere que los retiren e non complicarse en facelo.

Están xa erradicados os niños existentes que estaban a agardar polo frío? Simoes fixo una lectura do nº de niños retirados, inutilizados ou pendentes  de sacar. O grande do Firrete está a moita altura e pediron colaboración aos bombeiros das Pontes. Agardan.

4.- CUMPRIMENTO DAS MOCIÓNS APROBADAS

Con respecto á moción da memoria Histórica aprobada xa hai varios plenos, nas que se contemplaban actuación  por parte deste goberno municipal.

Teñen xa pensada algunha actuación?Colocación dunha placa conmemorativa de recordos no muro do porto.

Realizarase en que prazo?Neste 2017

5.-O HOTEL EUMESA

Cal é a situación deste  negocio hoteleiro?Pendente de caducar e de que portos decida. Parece ser que só queren permitir construcións de interese público.

Falamos da necesidade de espazos de hostelaría para o turismo.

Cal é a concesión de costas? Non tiñan o dato concreto. Pero próximo.

6.-MARQUESIÑAS

As marquesiñas instaladas recentemente son metálicas. Cando o PSOE no seu programa de promesas cara a catro anos falaba de “ornato e coidado estético” nun lugar coma é  esta vila.

Hai lugares nos que son de madeira,cerca de Leite Celta….

Porque están a instalarse destes materiais? Sobre gustos non hai nada escrito.

As de metal están ben  e son máis baratas

7.-SUBSCRICIÓN Á PRENSA EN GALEGO.

Logo de facer a petición para que houbese subscrición á prensa en galego, no ano 2016 fíxose para a biblioteca municipal coa promesa de ampliación.

Este ano van ampliar os puntos de subscrición a estas publicacións, contando co centro de maiores ou outros puntos da administración local? Estudiarase. Falarán co bibliotecario para que informe.

8.-ACCIÓN 75 DO PLANB

Ante a nosa demanda para cumprimento do programa electoral do PSOE tivemos por resposta que era para catro anos.

Nós somos sabedores disto así como que hai accións que deben comezar a facerse Xa para poder cumprilas ( teñen prazos,hai que facer proxectos…)

A acción 75 falaba de: IMPULSAR A CONSTRUCIÓN DE VIVENDAS DE PROTECCIÓN OFICIAL

En que situación está este pulo?Están en conversas coa Xunta, xa tiveron dúas reunións.

Hai xa algún plan, proxecto, proposta…….? Hai un solar en R.Sánchez cun convenio cos propietarios que no caso de edificarse eles terían algún local a cambio.

Outro espazo que barallaron foi o esquelete que hai indo para a estacións mais cren os técnicos que non é válido pois está en moi mal estado e habería que facer investimento no derrube.

9.-COIDADO DA RIQUEZA NATURAL

Nesta vila xa vivimos a desaparición de árbores senlleiras .

Xa en plenos pasados, xuño de 2016, este GM denunciou a situación da araucaria da finca dos Tenreiro catalogada segundo decreto 67/2007 da Xunta de Galicia (DOG nº74 do 17 de abril).

Cal é a situación actual desta árbores? Parece ser que os propietarios están facendo algunha intervención.

Que actuacións se levaron a cabo dende a nosa denuncia de hai máis de seis meses? Enviar documento á xunta, sen resposta.

Rogos:

1.-APARCADOIROS

Hai aparcadoiros para minusválidos sen repoñer, nen pintado nen sinais verticais.

Pregamos a súa pronta restitución

2.-FOMENTO DO TURISMO

Cada verán ,as caravanas confróntanse coa falta de un espazo oficial para poder aparcar, pasar a noite e facer aprovisionamentos na localidade. Isto sería beneficioso para a economía local  de Pontedeume onde a hostelaría  e o turismo son  fonte  importante na economía local.

Solicitamos un espazo para autocaravanas no concello cos servizos básicos de luz e auga..

3.-MERCADO MUNICIPAL

A situación da construción do mercado é crucial para esta vila e agora co cambio de toda a cuberta aínda máis.

Rogamos ao goberno municipal accións que aceleren este proceso.