Esta peaxe é unha aldraxe.

Esta peaxe é unha aldraxe.

Dende o BNG de Pontedeume en coordinación co BNG de Ferrolterra – puxemos en marcha unha campaña de denuncia polas peaxes da AP9. A campaña consistiu nun acto reinvidicativo mediante unha concentración simultánea na entrada da AP9 en Cabanas e na saída en Vilar do Colo, a que asistimos máis dun centenar de vehículos de militantes e simpatizantes do BNG das localidades da comarca, e que tivo un bon suceso na imprensa.

Paralelamente á esta movilización o grupo municipal do BNG de Pontedeume presentou una moción que foi aprobada por unanimidade de todos o grupos do concello e na que se solicitaba o seguinte acordo:

1.- Manifestar o rexeitamento da corporación á recente suba das peaxes na A9, polo impacto negativo que representa na xa deteriorada economía da comarca.

 2.- Esixir do Ministerio de Fomento a urxente revisión da política de peaxes, que camiñe na dirección de rebaixar os custes das mesmas; nomeadamente na actual situación de grave crise.

 3.- Solicitar a supresión da peaxe no tramo da A9 que vai de Miño a Fene.

 4.- Demandar a urxente construción dun novo enlace da A9 no Polígono do Vidrieiro-Pontedeume 

Este acordo, que foi aprobado por unanimidade dos grupos municipais, non foi cumprido dende a alcaldía, xa que non moveu un dedo coas administracións para a consecución do acordo, polo que dede o BNG de Ferrolterra e de Pontedeume, seguiremos coas accións reinvidicativas até acadar os obxetivos da moción.

Esta peaxe é unha aldraxe.