Voltamos a pedir o desenvolvemento dun plano de arborado no concello.

Voltamos a pedir o desenvolvemento dun plano de arborado no concello.

PC 01 Cúmprese dous anos que o BNG propuxo en dúas ocasións celebrar o Día da Árbore en Pontedeume coincidindo coa entrada da primavera no vindeiro mes de marzo con  resultado negativo.

 De novo o Grupo Municipal do BNG diríxese a este Pleno para espertar o interese polo medio ambiente. Sempre Pontedeume desde máis dun século, fomentou a plantación de especies arbóreas que son as que agora todos nós disfrutamos.

O espirito da moción permanece intacto, polo que reproducimos o mesmo texto xa presentado hai dous anos.

A deixadez pola renovación e pola criación de espazos verdes en Pontedeume é dunha carencia total de sensibilidade para a cidadanía, especialmente para os maiores, amantes no verán desa refrescante sombra, e para os máis pequenos que deben  medrar coa concienza de amar e coidar o medio ambiente do que formamos parte.

Hai que ver fotografías antigas de principios do século pasado en Pontedeume cando se celebra a Día da Árbore entre todos, engalanados e sen límites de idades, como un día de festa. No comenzo da primavera os nosos antergos plantaron as que hoxe podemos considerar árbores senlleiras, aínda que tamén outras foron víctimas de xentes ignorantes de mediados de século.

Máis tarde nos anos 80 e 90 voltouse a celebrar con escasa continuidade, participando todos os escolares eumeses, casos das avenidas de Ferrol e Ricardo Sánchez e nas Escolas Unitarias.

Desde entón, a plantación pola banda dos distintos gobernos de Pontedeume é considerada insuficiente. Empezando pola inexistente, para os cidadáns, Alameda de Raxoi e descontando as tímidas reposicións nos xardíns de Lombardero e Parque Sarmiento, soamente asistimos a actuacións arbóreas destacables por parte da Consellería de Educación e Portos de Galicia.

Sabemos da existencia dalgunhas especies de árbores que precisan máis coidados fitosanitarios e doutras de vida máis curta que se deben sustituir antes de secar por completo. Este é o caso das árbores da Praza do Conde, do teixo do Parque Sarmiento e zonas de recreo nos espazos parroquiais.

Pontedeume ten necesidade en varios lugares da vila e das parroquias de sombrear espazos que no verán non son utilizados a causa do sol.

Por todo isto, propoñémoslle ao Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte ACORDO:

 1.- Restituír para todas as xeracións a festa anual do Día da Árbore.

2.- Localizar e  estudar futuras plantacións arbóreas.

3.- Desenvolver un plan plurianual de  intervencións fitosanitarias

Voltamos a pedir o desenvolvemento dun plano de arborado no concello.