Só o BNG rexeitou a suba das taxas, entre elas a do lixo do pog de Vidrieiro.

Só o BNG rexeitou a suba das taxas, entre elas a do lixo do pog de Vidrieiro.

Ao fío da nova que saíu na prensa o día 6 de xuño, sobre a taxa de recollida de lixo, o BNG  de Pontedeume quere lembrar ao Goberno e aos cidadáns, os vaticinios negativos que no seu momento expuxemos sobre as subidas gravosas e pouco favorecedoras para as familias e comercio en xeral, das taxas aprobadas no anterior pleno do 25 de outubro cos votos favorábeis do PP e a incomprensíbel abstención do PSOE, tan so votaron en contra de tal medida, os dous concellais do BNG de Pontedeume.

Este incremento do 3´4 % do mes de outubro hai que engadirlle o 4´3 % da subida de xaneiro do 2012. Un 3´4 % sobre o 4´3 % é perto do 8 %.

O BNG tratou de convencer á corporación de non incrementar a taxa e de incluír unha rebaixa nos lugares onde a recollida de lixo non fose diaria.

Acordo que só contou co voto dos dous concelleiros do BNG, como antes mencionamos.

Tan convencido estaba este Grupo Municipal do BNG que por primeira vez presentábase alegacións a estas subidas, rexeitadas de novo, a este acordo plenario. Servía estas alegacións para rectificar unha subida que noutros polígonos da zona teñen unha taxa bastante máis baixa e axeitada á promoción industrial, á creación de emprego e dalgún xeito ter unha acción paliativa a crise industrial e familiar.

Estes lodos proceden de que o equipo de goberno presenta os temas inamovibeis, con escaso marxe de traballo por parte da oposición. Por culpa da soberbia e do orgullo triunfador do PP e do Sr alcalde, non hai consenso nen aceptación de modificacións para facer valer o sentir e o que sufre e pensa a cidadanía eumesa.

Pedimos diálogo entre a Asociación de Empresarios do Polígono do Vidreiro e o Goberno parar buscar fórmulas que mitiguen este abuso dun servizo que como se obseva non é servizo municipal. Sen variar nada da nosa traxectoria sobre as taxas de recollida de lixo o BNG ofrece o noso apoio a este entendemento.

Só o BNG rexeitou a suba das taxas, entre elas a do lixo do pog de Vidrieiro.