Queremos denunciar o deterioro do paseo marítimo.

Queremos denunciar o deterioro do paseo marítimo.

IMG-20160507-WA0008O BNG Asembleas Abertas de Pontedeume quere denunciar o deterioro que se está a producir no paseo maritimo de Pontedeume, sen que o goberno municipal tome medidas para subsanalo.

Após de que no pleno ordinario de abril, rexistraramos no concello unha serie de deficiencias, algunha delas no propio paseo, como que no muro da foz do rio Covés estexa a piques de se producir un derrube. Temos que seguir denunciando que alén diso, moitas lousas do paseo están rotas, ou con furados entre lousa e lousa que poden provocar a caida de persoas maiores ou crianzas.

Tamén quixeramos denunciar que desde hai meses abundan árbores caidas no río sen que se faga nada para solucionalo desde a alcaldia de Pontedeume.

IMG-20160503-WA0011

 

Xa que logo, encomendamos a este goberno municipal a tomar as mediadas necesarias para subsanar no menor tempo posíbel todos estes desperfectos.