O PP segue a defender as grandes fortunas e perxudicar aos pequenos autónomos.

O PP segue a defender as grandes fortunas e perxudicar aos pequenos autónomos.

O BNG de Pontedeume ven de rexistrar unha "MOCIÓN  CONTRA  A  SUBA  NAS  TRIBUTACIÓNS  DAS PERSOAS  AUTÓNOMAS  E  PEQUENAS  EMPRESAS". Nela pedimos da corporación municipal que se acorde: Por unha banda demandar do Goberno do Estado a un posicionamento contrario a esta suba nas cotizacións para persoas autónomas e pequenas empresas. Por outra banda que  se demande do Goberno do Estado aprobar as reformas lexislativas necesarias de cara a promover unha reforma fiscal verdadeiramente progresiva, que grave ás grandes fortunas e grandes empresas, persiga a fraude fiscal e non incremente as cargas sobre as persoas autónomas e pequenas empresas. E por último pór en práctica políticas activas de emprego en Galiza, como mellor mecanismo para garantir a sustentabilidade da Seguridade Social, con especial incidencia nas políticas sobre a mocidade e as mulleres, os segmentos máis vulnerables para a obtención de emprego

 A situación económica para moitas persoas autónomas e titulares de PEMES é crítica. Sobre todo, persisten as dificultades para obter liquidez para a maior parte das empresas galegas en xeral (microempresas e pequenas empresas) e eumesas en particular para poder continuar realizando a súa actividade.

O Goberno do Estado vén de aprobar em plenas vacacións de Nadal e sen negociación previa co sector unha serie de medidas que provocarán un considerable incremento de cargas tributarias sobre as persoas autónomas e pequenas empresas:

  • Increméntase a cotización para persoas autónomas que teñan contratadas 10 ou máis persoas traballadoras no último ano, así como ás persoas traballadoras autónomas incluídas neste réxime especial ao amparo do que establece a disposición adicional vixésimo sétima do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, e que representa unha suba do 22% e cun valor duns 60 € ao mes.

A consecuencia directa desta medida será afondar aínda máis no estrangulamento económico ás persoas autónomas e a emprendedoras. Ademais, o efecto indirecto será a destrución de emprego neste tipo de unidades económicas ao forzar a que microempresas destas características contraten menos de 10 persoas.

Non ten sentido que se incrementen as cargas sobre estas unidades económicas mentres se aumentan as axudas a grandes empresas, ao mesmo tempo que se manteñen sobre elas enormes vantaxes fiscais que impiden ao Estado manter políticas económicas anticíclicas.

Estas mudanzas prodúcense co suposto obxectivo de facer viable a Seguridade Social, que para o presente ano terá un déficit de máis de 10.000 millóns de euros. Neste contexto, o conxunto de reformas que gravarán con máis cargas ás persoas autónomas terán un impacto de menos de 1.000 millóns, polo que non contribuirá a resolver este problema ao mesmo tempo que provocará nefastas consecuencias para a maioría de empresas do tecido produtivo. Mesmo debemos resaltar que o citado déficit ten unha causa directa na acusada baixa de cotizacións por mor da redución salarial, impulsada polas políticas do Goberno, sobre todo desde a reforma laboral.

O mecanismo máis eficaz para a sustentabilidade da Seguridade Social pasa por unha reforma fiscal e políticas activas de emprego que reduzan a enorme taxa de paro, por asegurar o mantemento o nivel salarial de todos e todas as traballadoras, e non por incrementar as cotizacións aos segmentos máis vulnerables do tecido empresarial nun momento que atravesan serias dificultades económicas.

O resultado deste Real Decreto terá unhas consecuencias moi negativas para a economía galega, dado que a maior parte do emprego de Galicia é xerado pola pequena e mediana empresa, e que afecta a 165.000 persoas no noso país:

  1. Suporá incrementar os problemas de liquidez das persoa autónomas e pequenas empresas.
  2. Desincentivará a contratación. Por tanto, estase xerando um incentivo para que se aumente o desemprego.
  3. Non resolve os problemas asociados ao déficit da Seguridade Social.

 

 

O PP segue a defender as grandes fortunas e perxudicar aos pequenos autónomos.