Esiximos a posta en liberdade inmediata de Aaron.

Esiximos a posta en liberdade inmediata de Aaron.

DENDE O BNG DE PONTEDEUME ESIXIMOS A INMEDIATA POSTA EN LIBERDADE DO XOVEN EUMÉS DETIDO ESTA CUARTA FEIRA EN COMPOSTELA POR MANIFESTARSE EN CONTRA DUN ACTO DO SR. FEIJOO NA USC. O Bloque Nacionalista Galego de Pontedeume denuncia públicamente a criminalización a que os gobernos do PP están a infrinxir á mocidade que protesta contra as suas políticas, de derribo da educación e sanidade públicas, antisociais e antigalegas por parte da Xunta de Feijoo e do goberno de España do Sr Rajoy. Nesta ocasión ao igual que noutras onde se viron na mesma situación xovens de Galiza Nova, o estado opta pola represión do protesto no canto de cambiar as súas políticas que atentan contra os intereses e ben estar da xuventude en particular e do conxunto da sociedade en xeral . Por todo elo dende a nosa organización solidarizámonos con o noso veciño de Pontedeume ao igual que con todos os xovens que están sendo perseguidos xudicialmente na nosa nazón por defender unha Galiza máis xusta e ceive.

Asdo Xurxo Allegue Freire

Responsábel Local BNG Pontedeume.

Esiximos a posta en liberdade inmediata de Aaron.