Enriba de empurrar as e os galegos á emigración, queren quitarnos o dereito sanitario.

Enriba de empurrar as e os galegos á emigración, queren quitarnos o dereito sanitario.

O BNG de Pontedeume rexistrou unha moción para garantir a asistencia sanitaria aos as galegas que teñan que sair do estado por máis de 90 días.

O goberno do Estado está a acometer unha vaga de recortes en dereitos e conquistas sociais sen precedentes. Entre elas, por medio do RDL 16/2012, eliminou o dereito á atención sanitaria universal, ficando reservado só para quen teña a residencia no Estado español e con iso negándollo a todas as persoas que se trasladan ao estranxeiro, que neste momento son moitas por motivos laborais debido tamén ás nefastas políticas económicas do PP que están a devastar os nosos sectores produtivos e a aniquilar a capacidade de xerar emprego en Galicia. Así, a asistencia sanitaria universal fica recoñecida só para quen resida no Estado, polo que se lle nega dito dereito a todas as persoas se permanecen fóra do Estado español máis de 90 días nun ano natural, mesmo sexan desempregos/as de longa duración, ás que teñan esgotado a prestación ou o subsidio por desemprego.

A política do PP no Estado e na Xunta obriga a mozos e mozas, que padeceron xa o ano pasado máis do 50% de desemprego, a saír do Estado español para atopar traballo; e preto de 93.000 fogares ten todos os seus membros sen emprego. Agora un novo recorte de dereitos afecta especialmente a Galicia, aos miles de galegos e galegas que se ven obrigados a emigrar: ás persoas desempregadas, especialmente mozos e mozas, que se verán desposuídas do dereito a asistencia sanitaria por obra dos gobernos do PP.

Unha decisión adoptada polo goberno do PP no Estado, de xeito unilateral e sen contar co goberno da Xunta de Galicia, quen semella aceptar calquera medida imposta desde Madrid sen importarlle o carácter lesivo aos dereitos de galegos e galegas.

Por todo isto o GM do BNG de Pontedeume, solicita do Pleno da corporación municipal a adopción do seguinte

ACORDO

  1. 1.      Rexeitar a exclusión da atención sanitaria pública gratuita, pola eliminación do dereito á asistencia sanitaria, das persoas que permanezan máis de 90 días fóra do Estado nun ano natural ou non residentes no Estado español,  adoptada polo Goberno do Estado no Real Decreto-Lei 16/2012. 
  2. 2.      Instar á Xunta de Galiza a que demande do goberno do Estado a derrogación desta medida e traslade o seu rexeitamento.
  3. 3.      Instar a Xunta de Galiza a que mentres non se proceder a derrogar o real decreto-lei asuma e garanta a atención sanitaria dos galegos e galegas que saian fóra do Estado español por un periodo superior aos 90 días, conservando a tarxeta sanitaria en vigor.