Denunciamos o populismo do goberno municipal co anuncio do dispositivo controlador de horarios.

Denunciamos o populismo do goberno municipal co anuncio do dispositivo controlador de horarios.

Ao fío da nota de prensa aparecida no Diario de Ferrol, páxinas da Comarca sobre a colocación dun dispositivo controlador dos horarios dos empregados e empregadas municipais do Concello de Pontedeume. O BNG denuncia a este goberno do PP eumés pola súa incompetencia, populismo, brindis á galería e pertinaz incoherencia.

En Pontedeume non temos partidas económicas para asuntos de vital importancia; persoas con recursos limitados e familias deprimidas pola crise e reforma laboral,  pero o noso goberno non ten  reparo, neste ano e para o ano 2013, subir impostos, taxas e , agora, facer un desembolso de 15.000 euros para controlar o controlable.

Consideramos unha aberración con tinte de carencia de responsabilidade política e de menosprezo dos empregados/as municipais. Non hai mal traballador, hai mal xefe.

O BNG pregúntase que eficacia ten facer fichaxe dactilar nunha empresa ubicada en 5 edificios e  un servizo de recollida de lixo, limpeza viaria e edificios e  axuda a domicilio con horarios dispares?

Sempre que hai un control debe haber un controlador de empregados e empregadas e, tamén por que non, aos políticos asalariados que estes si que non acaban de cumprir o horario diario. Por tanto, dubidamos que sexa un político quen controle a outros políticos, que teña lexitimidade acceso aos datos persoais da traballadores e de que xeito os poida xestionar.

Pero que lixereza manifestar que non se sabe quen está de vacacións ou de día libre cando os propios políticos precisan dos empregados e poden comprobar as distintas incidencias no horario, xa que os traballadores teñen que solicitar os días libres e as vacacións e logo son asinadas polo responsable de réxime interior.

O dito, incompetencia política e populismo, tratando de desviar a súa responsabilidade e cargar contra os servizos municipais, moi de actualidade por parte dos gobernos da dereita polas miras postas nas privatizacións.

O BNG chega a verdade que se os cartos non son dun, non doe malgastalos cando hai asuntos moito máis necesarios. Sempre existíu o GURÚ DO GASTO PÚBLICO.

Denunciamos o populismo do goberno municipal co anuncio do dispositivo controlador de horarios.