Denunciamos a falta de compromiso con a nosa lingua por parte do goberno municipal do PP.

Denunciamos a falta de compromiso con a nosa lingua por parte do goberno municipal do PP.

O Grupo Municipal do BNG de Pontedeume  acusa o Goberno do Sr. Torrente de esquecer o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, un plan que o propio PP aprobou no Parlamento galego, e de incumprilo de maneira constante. Lembrámoslle ao alcalde e ao PP que o plan sinala como obxectivo que o galego sexa lingua xeral de referencia, lingua vehicular de expresión na administración tanto nas súas relacións internas como nas relacións co pobo.

Ficamos perplexos, como dende o Concello se incumpre sistemáticamente as leis de normalización lingüística  e o desleixo que teñen coa lingua propia de Galiza. Segue a subvencionar e publicar documentos, escritos, cartaces... sen utilizar o idioma galego, como é preceptivo nas leis: de réxime local, de Normalización Lingüística. A última actuación neste sentido foi con motivo da Semana Santa Eumesa, onde o Concello editou e instalou cartaces en que a única língua que aparece nos mesmos é o castelán.

O pobo que non coida o seu patrimonio natural e cultural está abocado ao fracaso e ao empobrecemento. E esta alcaldía ten exemplos máis que evidentes de non só non coidalo senón de atentar contra el. Casco histórico en estado ruinoso, desleixo absoluto co patrimonio natural comezando polas Fragas do Eume…etc. Só dende a ignorancia e o auto-odio se pode comprender que haxa este complexo de inferioridade con respecto a lingua que Castela impuxo pola forza no noso país, fronte a nosa milenaria lingua propia, Lingua de reis e respeitada en Europa cando Galiza era nación de seu na idade media, e que na actualidade a través da sua variante galego-portuguesa fálanna perto de 300 millóns de persoas no mundo.

 

Denunciamos a falta de compromiso con a nosa lingua por parte do goberno municipal do PP.