COIDADIÑO!! Volven as PPromesas

COIDADIÑO!! Volven as PPromesas

Veciñas e veciños de Pontedeume, como xa sabedes están próximas as eleccións municipais, o que conleva que volvan a visitarvos os dirixentes do PP eumés, facéndovos falsas promesas que, unha vez pasadas as eleccións, se quedarán no esquecemento. Estas son algunhas das PPromesas:

 

  • Activar e axudar o pequeno comercio e o feirón. MENTIRA!! O feirón desde que goberna o PP encóntrase en "PERIGO DE EXTINCIÓN". A falta de actividades e servizos por parte do concello fai que a xente non vexa o noso feirón como un atractivo e incluso que moitos postos dos habituais desaparezan.

O pequeno comercio está a sufrir o peor momento da súa existencia. Algúns comercios  xa pecharon e outros aguantan a duras penas. O PP só se interesa do pequeno comercio para recadar impostos, mais recordámoslle que eses impostos son para inverter no pobo e para conseguir que a xente o visite.

Desde o BNG realizouse unha campaña en apoio ao comercio local onde animábamos á xente a realizar as súas compras no noso comercio e a consumir nos nosos bares e restaurantes, xa que o comercio é un dos principais potenciais de Pontedeume.

 

  • Apertura do mercado municipal. MENTIRA!! O "proxecto" exposto no concello do "novo mercado" queda de marabilla. O que pasa é que o PP se esquece que para facer ese proxecto, aparte das imaxes, necesítanse cartos, cos que o goberno local non conta, o que fará a obra interminábel. O acordo coa Deputación e a Xunta só é unha intención xa que non se especifica ningunha contía, o que nos leva a pensar que todo quedará nunha promesa preelectoral, como xa sucedeu en anteriores eleccións, por exemplo, co aparcadoiro municipal.

Se non fose polos caprichos do PP e, en especial, do alcalde Gabriel Torrente e da concelleira María del Carmen Piñeiro, o mercado municipal seguiría aberto e os/as praceiros/as non se encontrarían na situación na que están nos almacéns de Raxoi. Alí

sofren inundacións continuas, e ata unha veciña sufriu unha caída cunha arqueta no mes de xaneiro. Algúns praceiros/as tiveron que despedir aos seus empregados/as e, incluso, outros víronse obrigados/as a cerrar os seus postos, xa que as vendas disminuíron notabelmente polo feito de que o mercado non está nun lugar céntrico e accesíbel. Isto tamén se debe ao pequeno espazo que teñen para ofrecer os seus produtos, tendo que diminuír a súa mercadoría.

 

  • Creación de emprego. MENTIRA! Levan dúas lexislaturas e a pesar da alta taxa de paro que sofre Pontedeume, apenas houbo contratación. No verán de 2014 non se contratou persoal para a limpeza de praias e os socorristas só foron contratados para o mes de setembro. As únicas contratacións que executa o goberno local realízanse coas empresas privadas que, como xa sabemos todas/as, son sempre as mesmas.

 

  • Cursos e obradoiros de formación. MENTIRA! En Pontedeume contamos co centro de formación FOREMDES, este encóntrase baixo mínimos, coas súas aulas practicamente baleiras.

 

  • Melloras na limpeza de rúas e na recollida de lixo. MENTIRA! Xa estamos fartos de ver o abandono das rúas da vila e das parroquias. O PP o único que fai é trasladar os contenedores a sitios máis agochados para tapar o evidente: a táctica de esconder o po debaixo da alfombra, que xa sabemos todos/as como acaba...

 

 

  • Alternativas de ocio e emprego para a mocidade. MENTIRA!! A pesar de que as cifras do paro lle afectan de maneira máis significativa ás mozas/os, Gabriel Torrente e a súa corporación, lonxe de intentar evitar a emigración da mocidade, ponlle as cousas máis difíciles: non hai axudas para emprendedoras/es, non hai axudas para estudos postobrigatorios, tampouco ofertan cursos no centro FOREMDES...

Respecto ao ocio, a única opción que ten a nosa xuventude é coller o tren, bus ou coche e desprazarse a outras vilas ou cidades.

O BNG sabe que a emigración a padecemos todos/as, non só as mozas e mozos, por iso lle dicimos a o PP

                                    QUE EMIGREN AS GAIVOTAS!!!

 

e xa directamente, dirixímonos ao PP eumés para que: contrate á xente da vila!!! Porque co diñeiro invertido nas súas "EMPRESAS AMIGAS", moitas familias poderían chegar a fin de mes!!

 

           XA ESTÁ BEN DE MALGASTAR O DIÑEIRO DOS EUMESES!!. GOBÉRNASE  PARA AS VECIÑAS/OS, NON PARA AS EMPRESAS!!

 

A lista das PPromesas é interminábel e non por falta de tempo de mandato...

Parádevos a pensar... Fíxose algo realmente bo para Pontedeume nestes oito anos de goberno do PP? Á vista de todos está que o pobo cambiou, cambiou para PEOR! Xa é hora de cambiar para mellor, cun goberno que mire polos intereses das veciñas/os de Pontedeume!

 DEPENDE DE NÓS!