Voltamos á carga coa protección e valorización da foz do Eume.

Voltamos á carga coa protección e valorización da foz do Eume.

En Pontedeume e a súa contorna gozamos dun patrimonio natural e cultural impresionante, que fai destacar estuario-do-eume-dende-breamo_174559por riba doutros territorios. Un patrimonio ao que as e os eumeses non lle prestamos o valor e a protección que merece nen dende as institucións nen dende a cidadanía en xeral, acostumados como estamos a ollar dende que nacemos estas fermosas riquezas naturais e culturais. En moitas ocasións téñennos que lembrar persoas vindas doutras partes, que esta riqueza que posuimos é única e extraodinaria e que a debemos protexer, pór en valor e xa que logo divulgar.

Isto aconteceu cunha veciña de Pontedeume que veu a vivir ao noso Concello hai uns anos, dirixíndose a nós mediante unha carta hai unhas semanas, na que reclamaba que as institucións, quer Concello de Pontedeume, quer Xunta de Galiza, poñan as medidas necesarias para protexer e divulgar a rica fauna salvaxe que posúe o Esteiro do Eume.

Efectivamente é lamentablel que un espazo  natural con dúas figuras de protección europea (LIC -Lugar de Interese Comunitario, e ZEPA -Zona de Especial Protección de Aves), como é o esteiro do Eume, non dispoña sequera duns paneis informativos e dunhas medidas mínimas (pasos de fauna, sinalización) para salvagardar a fauna salvaxe. É importante lembrar que o LIC-ZEPA Fragas do Eume chega xusto até a Ponte  de Pedra de Pontedeume, e que as administracións, quer a local ou a Xunta, teñen a obriga de protrexer os seus valores naturais.

Por todo isto voltamos apresentar esta moción na que reclamamos os seguintes pontos:

1.- Solicitar á Xunta de Galiza que xunto ao Ministerio de Fomento e Autoestradas do Atlántico acorden a habilitación de pasos de fauna, a instalación de sinalización para a salvagarda de dita fauna salvaxe en ámbalas dúas pontes.

 2.- Solicitar á Xunta de Galiza que restrinxa a circulación de embarcacións a motor polo esteiro, limitándoas ao uso necesario de traballos de marisqueo e da data da festa do río do 11 de setembro, porén limitando tamén os nós de velocidade para estas dúas actividades.

 3.- Solicitar do Concello de Pontedeume á instalación de paneis informativos, no paseo marítimo, do valor ecolóxico en xeral do Esteiro do Eume e da súa fauna salvaxe.