O BNG APOIA AS DEMANDAS DOS VECIÑOS DE CENTROÑA E SOLICTA AO CONCELLO QUE SE COMPROMETA A SOLUCIONAR OS CONTINUOS VERTIDOS DA ESTACIÓN DEPURADORA DA MACUCA.

SOLUCIÓN AOS VERTIDOS EN CENTROÑA

Vertidos en agosto
Vertidos en agosto

Os vertidos incontrolados fan que as praias de Centroña e de Ber non sexan aptas para o baño. A actividade marisqueira, tan importante na ría de Pontedeume está grave e negativamente  influenciada polo deficiente saneamento do concello.

SOLUCIÓN AOS VERTIDOS EN CENTROÑA

O BNG APOIA AS DEMANDAS DOS VECIÑOS DE CENTROÑA E SOLICTA AO CONCELLO QUE SE COMPROMETA A SOLUCIONAR OS CONTINUOS VERTIDOS DA ESTACIÓN DEPURADORA DA MACUCA.

Os vertidos incontrolados fan que as praias de Centroña e de Ber non sexan aptas para o baño. A actividade marisqueira, tan importante na ría de Pontedeume está grave e negativamente  influenciada polo deficiente saneamento do concello.

 

Despois de oito anos de goberno do PP e os últimos 4 anos de goberno do actual alcalde do PSOE, Bernardo Fernández o funcionamento da depuradora segue sendo absolutamente deficiente. Este verán, na última semana,  os vertidos foron moi evidentes e claramente visibles para todos os veciños e paseantes da contorna. Este vertidos e os olores pestilentes nos meses de verán, en agosto especialmente, levan repetíndose continuamente nos últimos anos.

 

A solución consensuada entre a Xunta de Galicia e o PSOE de Pontedume e proposta polo Alcalde, Sr. Bernardo Fernández consiste en aumentar o volume do residuos a tratar pola estación depuradora de Pontedeume. Este proxecto do concello pretende recoller as augas fecais de Ber e de parte da parroquia de Boebre para ser tratadas na actual depuradora.

 

O BNG solicita do concello:

1.- Que dende o concello se realice un proxecto alternativo e propio para a depuración das augas residuais de Ber e Boebre que recolla as reclamacións da veciñanza.

2.- Que os criterios para a elección da mellor alternativa de depuración NON sexan exclusivamente económicos, senón que tamén deben valorarse:

 a) o coste social e ambiental dunha actuación deste tipo,

b) a necesidade de que as praias do noso concello cumpran con todos os requisitos para o baño,

c) o impacto dos vertidos incontrolados sobre un actividade económica como o marisqueo.

3.- Que previamente a calquera actuación que se realice, o concello debe garantir:

a) o bo funcionamento dos bombeos que levan as augas residuais ata a depuradora. Sen vertidos directos na praia de Centroña.

b) que se comprobe coa carga de caudal actual e  sen ningún tipo de dúbidas o bo funcionamento da depuradora actual (antes de aumentar cos novos caudais de outros núcleos). Non promesas. Si comprobación nun tempo prudencial.

 

Nos últimos 12 anos o veciños que sofren os vertidos saben que as promesas foron reiteradamente incumpridas.

PRIMEIRO RESOLVER OS PROBLEMAS DE VERTIDOS E DE MAL FUNCIONAMENTO DA DEPURADORA, ANTES DE ENGADIR MÁIS CO CAUDAL CO NOVOS NÚCLEOS DE POBOACIÓN.