Solicitamos, beirarrúas, pasos de peóns e en definitiva seguridade vial en Campolongo.

Solicitamos, beirarrúas, pasos de peóns e en definitiva seguridade vial en Campolongo.

CampolongoO BNG de Pontedeume ven de rexistrar no Concello unha moción pola que solicitamos ao Pleno da Corporación Municipal de Pontedeume dirixirse ao Ministerio de Fomento (Estradas do Estado) para que tome en consideración a necesidade de medidas de mellora da seguridade vial en Campolongo e redacte os estudos pertinentes ao respecto. Co fin da execución no tramo que vai dende Olmo até o Pog de Vidrieiro de Beirarrúas, pasos de peóns, señalización luminosa etc…

Compre sinalar que a N-651 ao seu paso pola parroquia de Vilar ten un trazado complexo; nunha parte é un trazado sinuoso e noutra ten as características dun trazado eminentemente urbano. Unha boa parte del ten limitacións de velocidade debidas, tanto ao trazado sinuoso como a perigosidade que pode supoñer a presenza de peóns ao lado da vía. En Campolongo ubícanse, ademais, algunhas empresas que teñen acceso a esta vía de comunicación principal.

Desde os tempos da construción da Ap-9, -referímonos á raqueta de Campolongo para dar acceso a Vidreiro-, xa van alá moitos anos, non se realizou ningunha actuación de envergadura nesta estrada.  Unicamente un lavado de cara no pintado da mesma para eliminar o carril de adiantamento e ralentizar máis o tráfico.

Mentres tanto noutras zonas próximas, por exemplo no concello de Miño, realizáronse investimentos millonarios nesta mesma estrada, nunha zona de menor concentración de casas que a de Campolongo, para dotala de mellores accesos, zonas de servizo e zonas para a seguridade dos peóns.

Desde hai tempo, os veciños e veciñas de Campolongo veñen reclamando actuacións que melloren a seguridade vial na zona, pasos, medianas, construción de beirarrúas, etc., e intentando que o Ministerio de Fomento faga os estudos para acometer as obras necesarias.

O Bloque Nacionalista Galego de Pontedeume mesmo presentou noutras ocasións mocións e iniciativas no Concello sobre a seguridade vial en Vilar, que non tiveron o eco debido no Ministerio, quizais pola falta de presión do propio goberno municipal.

Solicitamos, beirarrúas, pasos de peóns e en definitiva seguridade vial en Campolongo.