SEGURIDADE VIAL. BEIRARRÚAS EN CENTROÑA XA!

Beirarúas en Centroña XA ¡
Beirarúas en Centroña XA ¡

Desde 2004 (van máis de 15 anos) estamos á espera das beirraúas de Centroña. O goberno do señor B. Fernández  ten abandonado a xestión e a presión neste tema tan importante

SEGURIDADE VIAL. BEIRARRÚAS EN CENTROÑA XA!

O goberno do señor B. Fernández  ten abandonado a xestión e a presión neste tema. Un tema importante por moitas razóns:

  1. SEGURIDADE VIAL:

Esta vía cruza importantes núcleos de poboación e experimenta un importante incremento de tráfico nos veráns, a raíz da afluencia ás praias da zona. Neste 2019 producíronse colisións aparatosas de vehículos que, afortunadamente, non colleron a ningún peón.

  1. PASEO LINEAL Á BEIRA DO MAR

Constitúe un longo paseo marítimo, que discorre pola marxe sur da ría de Ares-Betanzos, moi atractivo para o lecer polas súas fermosas panorámicas.

  1. AGRAVIO COMPARATIVO POR TRATO DE FAVOR AOS VECIÑOS/AS DOUTRO CONCELLO

A Deputación  Provincial da Coruña, en mans do PP, acometeu a obra de beirarrúas no tramo desta vía entre Miño e Perbes, todo no Concello de Miño, quedando totalmente rematado no  ¡¡ 2003 ¡¡

Entendemos que os trámites de expropiación forzosa poden ser complicados (e mesmo desaconsellábeis, se houbese vontade de diálogo do Concello cos veciños/as ), pero non xustifica o retraso nin a falta absoluta de novidades sobre o tema.

 

O BNG de Pontedeume pregunta:

  • Debe a veciñanza de Pontedeume e dos núcleos urbanos de Vizús, Ventosa, o Portiño e Caldagueiro en Centroña seguir agardando por unha obra aparcada sine die polo Concello ??
  • Estamos agardando a que un accidente grave suceda? Unhas beirarrúas son un elemento protector básico para xente que pasea, para nenos/as que collen o bus da escola, para quen vai co carriño do bebé, etcétera

 

¡¡ TEREMOS QUE RECUPERAR OS CARTEIS DE FAI MÁIS DE 15 ANOS ¡¡