Resumo do pleno do mes de xullo

IMG_8517
IMG_8517
Resumo do pleno do mes de xullo

No pleno ordinario do mes de xullo do concello de Pontedeume, aprobouse una moción presentada polo grupo municipal do  BNG, coa abstención do PP, que afecta sobre todo aos concellos costeiros de Galicia como Pontedeume.

É un posicionamento claro de rexeitamento ante a Lei 6/2017 do 12 de decembro que consideramos ten un claro obxectivo recadatorio e que foi realizada de costas ás entidades locais.

Os concellos costeiros teñen que pagar una serie de taxas a portos de Galicia. Por por un exemplo no noso concello:

.- Semestralmente perto de 3.000€ polo paseo marítimo. Paseo que está dentro do casco urbano e que o concello ten a obriga de manter e limpar mais aínda así costas recada das arcas municipais.

.- Polo campo de fútbol municipal máis de 9oo€ cada seis meses.

.- Por calquera actividade, pontual, que se realice nos terreos do porto hai que pagar una taxas de ocupación que poden rondar 400€ ( Por facer o día do deporte, por ocupalo para a chegada dos Reis Magos…).

Así mesmo queremos que se constitúa o Örgano de Coordenación Portuario Municipal entre o goberno local e Portos .

É de especial importancia a petición , previa solicitude do concello interesado, da transferencia ao concellos dos espazos de dominio público portuario que estean integrados nos cascos urbanos de vilas e ciudades e que en xeral non teñen uso portuario.

Amosamos o rexeitamento do réxime sancionador por bañarse, mergullarse, pesca… e que a prohibición da pesca deportiva estea fóra dos parámetros marcados para zonaI.

Alén disto no pleno aprobouse a convocatoria par axudas do material escolar cara ao vindeiro curso. Agardamos que isto facilite o cobro das mesmas, agora para o vindeiro curso, e que sexa dentro do mesmo e nom ao remate.

Nestes momentos aínda está en proceso de baremación as do curso 17/18 que disque poderán ser aboadas neste ano en curso.

Tamén fixemos fincapé na situación de grave deterioro do parque infantil sito nos xardíns de Lombardero que nalgúns casos pode por en risco a seguridade dos usuarios/as. Pedimos a súa urxente revisión e reforma.

A continuación expomos os nosos rogos e preguntas:

Rogos

1.- RECOLLIDA DE MATERIAIS NAS PROXIMIDADES DA IGREXA DE VILAR. E DA CAPELA DO CARME DE ESTEIRO.

Nas inmediacións da igrexa de Vilar hai depositados : uralitas e restos de podas.

Na zona da capela do Carme hai rodas de vehículos.

ROGAMOS a súa recollida.

2.- ESPELLO NA ZONA DE ESTEIRO.

Reiteramos o rogo do mes maio xa que aínda non foi resolto.

O espello de axuda á circulación no cruce do camiño que vai á capela do Carme e a estrada.

PREGAMOS a súa  pronta reposición.

3.- LIMPEZA DO LAVADOIRO DE ESTEIRO.

O lavadoiro xa está cunha gran cantidade de terra que empeza a dificultar o paso da auga do río Covés.

SOLICITAMOS  a súa limpeza.

4.- DETERIORO DO PARQUE INFANTIL NOS XARDÍNS DE LOMBARDERO.

Moitos aparellos de xogo deste parque teñen partes deterioradas polo tempo, algunhas delas amosan posibilidade de perigo para os seus usuarios/as.

ROGAMOS o seu.  urxente amaño

5.-PROLIFERACIÓN DE GATOS/AS DE RÚA.

En diferentes lugares do concello vai incrementándose o número destes animais.

SOLICITAMOS a posta en funcionamento dunha campaña de esterilización.

6.- INFORMACIÓN DA RECOLLIDA DE REFUGALLOS.

A cidadanía precisa coñecer  as datas de recollida, ás veces precisa recordatorios.

Moitos avisos están gastados e ilexibles e nalgúns puntos carécese deles

ROGAMOS a renovación de avisos nos colectores do lixo.

7.- PROLIFERACIÓN DE MOBILIARIOS QUE IMPIDEN O TRÁNSITO DOS PEÓNS.

Coa chegada da época estival as rúas do concello ( tanto no caso histórico como noutros puntos) atópanse ateigadas de diverso mobiliario que nalgúns casos impiden o paso dos peóns.

PREGAMOS  un maior control desta situación.

8.- LIMPEZA NA ZONA DO PASEO ROSALÍA DE CASTRO.

En diversas zonas hai silvas, ramallos e incluso plumachos da pampa, nalgunhas partes do muro que se utiliza como asento.

SOLICITAMOS a corta e limpeza .

9.- CAMIÑOS NA ZONA DE CENTROÑA-CASTRELO

ROGAMOS revisión para determinar se son parte do patrimonio municipal.

Preguntas

1.- AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR DO CURSO 2017/18.

Reiteramos a pregunta do mes de maio de 2018 .

Cal é a situación actual destas axudas?

Xa están baremadas hai 126 solicitudes. O luns haberá  comisión para emitir o informe da proposta.

Que cálculo de tempo teñen feito para, aproximadamente, saber cando se pagarán?

Non se queren arriscar a dar datas

2.- REVISIÓN DO IBI.

Froito de mocións e reunións posteriores comprometéronse a facer unha revisión do IBI para contemplar bonificacións que paliasen o “Catastrazo” así mesmo na Acción 20 facían referencia a “ bonificacións fiscais para emprendedores/as..”

Que teñen feito ata agora?

Solicitouse á deputación unha listaxe de afectados/as dos incrementos.

Como pensan facer estas bonificacións?.

Farase un estudo.

3.- PÁXINA WEB.

Levamos dende o inicio do mandato electoral con promesas incumpridas . En sucesivos plenos fixemos preguntas e rogos sobre este tema e a última vez déusenos a resposta de que faltaban fotos de concelleiros/as.

Como está esta páxina?

Hai que enchela con algún contido máis.

Contar poder tela a principios do curso escolar.

4.- PARQUE BIOSAUDABLE DO.PASEO.

Continúan as columnas de formigón sen ningunha modificación.

Como está o proxectos para o seu remate?

Estaría dentro do Plan Complementario de medio ambiente da Deputación.

O proxecto contempla: tella, madeira e uralita para o teito.

Falta a resolución.

Non está claro para cando será.

5.-SENDAS PEONÍS.

Fixeron a promesa de negociar coa Deputación para construción de sendas peonís.

En que punto están estas negociacións?

 Actualmente negociando para a de Ombre.

As restantes teñen case resolto o proceso.

Cales serían?

Centroña, Ombre e Andrade

Dependen do Pan de conservación 2018