RESUMO DO PLENO DO MES DE XANEIRO DO 2019

RESUMO DO PLENO DO MES DE XANEIRO DO 2019

 

O pleno de inicio do 19 foi longo e intenso chegou a haber cinco persoas no público. Non podemos dicir que sexa moi concorrida a asistencia cremos que é pola hora na que se convocan . Levamos dende o inicio do mandato electoral pedindo que se fagan á tarde.

 

.-MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA VISITA AO CASTELO DE ANDRADE E A TORRE DOS ANDRADE.

A Lei obrigaba a esta modificación xa que debería contemplar , por ter bens BIC, os catro días de visita gratuítas.

Cando se aprobe farase un decreto coa as do ano 2019.

Agardamos que se faga ao inicio de cada ano. Solicitamos, tamén, que se tivese en conta facer un “billete” para as dúas visitas xuntas.

 

 APROBACIÓN DE “MODELO DE ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN DE CONCELLOS DO CAMIÑO INGLÉS”.

Aprobouse agardandando que sexa un pulo para as diversas actividades turísticas.

 

 MODIFICACIÓN Nº1 DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO (RPT) DO CONCELLO DE PONTEDEUME.

Este foi o principal punto de controversia xa que o goberno municipal do PSOE na que se amortizan 12 postos de traballo ( 3 de funcionario e 9 de laboral fixo) en diferentes áreas.

Algún deles é para crealo de novo con outro perfil como é o caso do Tesoureiro/a que cambia de funcionario a habilitado nacional.

Hai algún postos que estaban sen cubrir como é o de tesoureiro, sarxento de policía, técnico superior en formación emprego e desenvolvemento ( chamado “director” de FOREMDES) mais hai otros que están cubertos como son os dous conserxes dos colexios públicos (Couceiro Freijomil e Andrade).

 

Cremos que estes dous últimos postos ( laborais) son imprescindibles no organigrama dun concello. Os concellos son os que deben facerse cargo deste servizos,segundo a lei.

O goberno do PSOE xustifica isto diciendo que agora está una empresa facendo este servizo e polo tanto xa poden desaparecer da RPT do Concello.

Isto é una falacia e nós en defensa non só dos servizos públicos senón das condicións laborais dos traballadores/as, de estabilidade, precarización, etc avogamos por uns conserxes municipais 

Estamos ante un feito claro de privatización definitiva dun servizo público.

Desaparece: un oficial de 2º, otros dous conserxes de edificios públicos, un varredor, un peón de xardíns ( e contratamos empresas servizos de tarde e de reforzos) 

 A praza de capataz- encargado está contemplada e leva anos sen cubrirse . O Sr Simoe, responsable da área non o ve necesario neste momento.

Por outra bando hai postos de nova creación ( once postos de traballo todos eles de funcionarios/as) catro aux administrativos, 3 administrativos, Técico de xestión e de turismo e un segundo arquitecto/a.

Hai que ter en conta que hubo una asamblea de traballadores/as laborais para pronunciarse neste punto  cun resultado de 15 en contra e 3 abstencións. Según o concelleiro de persoal as modificación non precisan o visto bo dos traballadores/as.

 

IT 100%

Cobro do soldo íntegro en caso de enfermidade.

Aprobouse e agora deberá agardar prazos de publicación no BOP logo deste tempo comenzará a ser efectivo.

 

CONVENIO COA XUNTA. PRAZAS DE AUXILIARES DA POLICÍA LOCAL

 Ante o problema de falta de efectivos da policía local ( policías e auxiliares).Acórdase  a adhesión a este convenio para tres auxiliares durante seis meses e ao remate destes outros tres.

O BNG segue pensando que se poderían ter buscado fórmulas que fixeran posible a oferta de emprego nesta área tendo en conta a importancia da mesma. 

Parece ser que falaron con técnicos de interio e que estes lles comunicaron que era moi improbable. Só foron conversas xa que dende o concello non fixeron petición por escrito n polo que tampoco hai negativa por escrito.

 

 MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG) EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA.

Foi aprobada cos votos do PSOE e do BNG e o voto en contra do PP.

Segundo o portavoz do PP a sanidade está polo bo camiño, hai plans de mellora…

Non cre que sexa para tanro as folgas, dimisións, paros, denuncias de privatizacións, copago, listas de espera, falta de médicos en diversas especialidades, etc 

 

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR (PP) EN RELACIÓN AO PROXECTO DE LEI DE PRESUPOSTOS XERAIS DO ESTADO.

Foi rexeitada polo PSOE e polo BNG logo de que nós fixeramos una enmenda do punto nº2 cunha serie de medidas concretas precisas para Galiza. Entre elas: Rescate da AP 9, Devolución do pazo de Meirás, Pagamanto da débeda en materia de dependencia,Finalización do trazado do eixe atlántico, Derrogar a prórroga de Ence, Plan de saneamento das rías e dos ríos galegos, Modificación dos criterios de financiamento dos concellos, Melloras na liña de FEVE Ferrol- Ribadeo…

O portavoz do PP no aceptou estas enmendas polo que votamos BNG e PSOE en contra.

 ¨e curioso que agora que mudou o goberno en Madrid o PP de galego reclame melloras para o noso país que noutros anos e cuns recortes moi cuantioso non tiveron nada que dicir.

O BNG presentou una mesa do Parlamento de Galiza, con data 17 de xaneiro todo un paquete de prioridades que deberían estar  contemplados nestes orzamentos do estado do 2019 xa que os consideramos discriminatorios para Galiza e inxustos para os galegos e galegas pois dan continuidade ao agravio do anterior executivo presidido polo PP de Mariano Rajoy.