Resumo do Pleno do mes de febreiro de 2019

Resumo do Pleno do mes de febreiro de 2019

Hoxe celebrouse o pleno ordinario no concello de Pontedeume no que  ademais da declaración institucional de apoio aos traballadores /as de POLIGAL aprobouse cos votos favorables do PSOE e do BNG  Unha moción sobre o 8 de marzo.

Nesta moción  acordouse:

1.     Manifestar o seu recoñecemento e apoio a Galegas 8M e á convocatoria de manifestación nacional do día 3 de marzo e de folga de mulleres do 8 marzo de 2019, así como manifestar a desaprobación da Xunta de Galiza por ter actuado de forma incorrecta vulnerando o dereito fundamental de folga diante do pasado 8 de marzo de 2018 e non ter impulsado unha rectificación das súas políticas, que contribúen á permanencia da desigualdade. Así mesmo, esta corporación manifesta o seu compromiso contra as ameazas de retrocesos en materia de dereitos, de forma especial canto a violencia machista, o dereito ao aborto e a permisividade ou legalización dos ventres de aluguer.

2.   O Pleno do Concello de Pontedeume solicita aos Grupos Parlamentarios representados no Congreso dos Deputados así como a Xunta de Galicia a elaboración e posterior aprobación dunha Lei de Igualdade Laboral e dar traslado deste acordo aos Grupos Parlamentarios no Congreso dos Deputados e no Parlamento Galego.

3.   A totalidade dos Grupos Municipais comprometémonos a traballar polo avance da sociedade cara á igualdade de xénero, rexeitando calquera retroceso en dereitos e liberdades para as mulleres.

4.   Todos os Grupos Municipais instan á elaboración e presentación para a súa aprobación dun Plan de Igualdade específico para os traballadores e traballadoras do Concello, no que figuren as diferentes medidas a adoptar para eliminar calquera discriminación de xénero e que contemple as medidas que se consideren co obxecto de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar con corresponsabilidade.