Resumo do pleno do mes de decembro 2018.

Resumo do pleno do mes de decembro 2018.

Foi un pleno de mero trámite. Cun só punto na orde do día “ Rectificación do inventario  municipal de bens”

Non houbo nin aprobación da anterior acta.

O PP non presenta nin Rogos nin preguntas ( disque por deferencia nestas datas). Nós consideramos que son datas de traballo e de seguir a facer propostas de avance e mellora.

Cando xa estabamos a piques de rematar entran sete persoas que teñen diferentes postos no mercado provisional.

Explican que acaban de recibir unhas cartas do concello nas que se lles comunica que deben aboar a taxa de ocupación do mercado do exercicio 2014 e queren explicacións.

O alcalde resposta que non tiña coñecemento deste feito???? pero que debe ser o requirimento feito para quen no caduque o cobro das mesmas.

Algúns comentan que hai diferenzas económicas coas anteriores que non se entenden se a ordenanza é a mesma e algúns teñen menos metros que antes.

Non entenden os motivos polos que non se lles pasou antes. Nós tampouco e cremos que a administración local non fixo as tarefas. Pensamos que se puideron estudar fórmulas para parar o tempo das concesións e axustar os diferentes pagos ás situacións actuais.

O alcalde cálmaos falando de estudar cada caso, da posibilidade de fraccionamento ...

Posteriormente seguiu a reunión onde estivo presente, e deu as informacións requiridas, un traballador do servizo de recadación. 

En canto aos nosos rogos e preguntas:

Rogos:

1.- XARDÍNS DE LOMBARDERO.

Neste lugar atópase unha zona infantil que debería contar cunha mellor e maior iluminación.

ROGAMOS incrementen a iluminación neste lugar.

 

2.- LIMPEZA NA ZONA DO TEIXO.

No paseo marítimo, nas inmediacións do teixo a limpeza, roza etc son  deficientes. Hai ademais valados rotos.

PREGAMOS a adecuación  axeitada deste lugar no que atinxe ao concello e xestións precisas e eficaces para aqueles puntos que sexan responsabilidade de particulares.

 

3.-ILUMINACIÓN NAVIDEÑA.

En diferentes días e lugares da vila a iluminación navideña non funcionou axeitadamente.

PEDIMOS se lle dea traslado a quen competa para que isto se resolva coa maior rapidez.

 

4.- CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER.

No mes de novembro do 2017 fixemos este rogo que reiteramos. Pasado máis dun ano consideramos que sería ben facelo para o vindeiro ano 2019 Sería un recurso importante de loita contra o machismo e de fomento da igualdade

Existe neste concello o   

21 Regulamento de constitución e funcionamento do Consello Municipal da Muller.

PREGAMOS que neste ano 2018 se fagan todas as actuacións precisas que posibiliten o seu funcionamento.

 

5.- RECOLLIDA DE TRASTES.

En abril do 2018 xa fixemos xa preguntamos sobre este  tema. Ademais de diversos rogos solicitando a mellora deste servizo.

Xa no remate do ano e logo de varios meses nos que as parroquias non tiñan recollidos os trastes nos días indicados.

Sería convinte unha reorganización deste servizo.

ROGAMOS unha planificación desta recollida con datas e zonas

 

6.- RODA DE TRACTOR.

No paseo marítimo, próximo a zona anterior do parque infantil, encaixada na porta de pedra hai unha roda de tractor que xa estivo en diferentes partes do paseo.

ROGAMOS a súa retirada.

 

7.- CONVOCATORIA PARA CUBRIR POSTOS DE TRABALLO.

Houbo xubilacións no 2018 e agárdanse outra para este 2019.

PREGAMOS a pronta convocatoria destas prazas así como as que corresponda pola RPT.

Preguntas:

1.- PARQUE BIOSAUDABLE DO PASEO.

No mes de xullo de 2018 preguntamos polo proxecto  para o seu remate.

Tivemos como resposta que estaría dentro do Plan Complementario da Deputación e que estaba pendente de resolución.

Como está o proxectos para o seu remate? Está a resolución. Falta licitación.

2.- CONTROL DAS SAÍDAS DE PLUVIAIS.

No mes de marzo do 2018 fixemos un rogo no que pediamos un control das saídas de pluviais directamente á rúa e unha busca de solucións a este problema en diferentes lugares do concello

Cales son as actuacións que se levaron a cabo ? Está sen facer. Non se puido.

 

3.- REPOSICIÓN DE ESPELLO VIAL.

No mes de maio do 2018 e posteriormente en outono solicitamos a colocación dun espello na zona de Esteiro na confluencia coa AC144 pola seguridade da veciñanza.

Cando teñen prevista esta petición? Non está aínda se fixo o pedido hoxe. ( oito meses despois da petición).

 

4.- CONTRATO DA PISCINA E DO SERVIZO DE AUGA.

No pleno do mes de decembro do pasado ano , 2017, acórdase a continuidade destes servizos grazas ao voto de calidade do alcalde.

Logo dun ano de prórroga e sabendo que o compromiso era sacar estes contratos canto antes.

Como está a auditoría de VIAQUA? Xa está feita, deuse traslado á empresa e están agardando resposta.

Pedimos poder coñecelo e disque pensan facer unha convocatoria de portavoces para explicalo.

 

O informe previsto sobre a situación das instalacións da piscina está feito? Si, agora falta rematar o informe económico financeiro.

 

Cales son as conclusións? Hai mantementos que dependen da empresa e que non acometeron.

 

En que punto de actuación están estes contratos? Pendentes do informe económico do concello.

 

5.- ORZAMENTOS 2019.

O remate do 2018 faise sen orzamentos.

Para cando serán? Agardan que para o pleno de xaneiro.

Solicitamos se nos faciliten con tempo e non como os anos anteriores.

 

6.- PLANTAS INVASORAS.

No mes de xullo do 2017 fixemos unha pregunta sobre a non elaboración dun bando á veciñanza sobre a especie invasora o  CARRIZO DA PAMPA.

Que tipo de actuacións teñen programado facer? Algo de información á cidadanía. Pode ser un tríptico informativo no que se incorporen outro tipo de invasoras.

Teñen pensado destinar algunha partida económica para o 2019?

Especialmente non.

 

7.- PLAN NORMATIVO MUNICIPAL 2019.

No pleno de decembro do 2017 aprobouse o Plan Normativo para o ano 2018.

No mes de marzo e xuño deste 2018 preguntamos polo desenvolvemento deste plan.

Como esta este plan 2018? Está parado. Falan de falta de persoal.

 

Que nivel de cumprimento hai dos obxectivos aprobados en Pleno?

Non hai cumprimento.

 

Vai existir Plan para o 2019? Agardan que si. Para cando sexa posible.