Resumo do mes de marzo de 2019

Resumo do mes de marzo de 2019

Foi o pleno dos Orzamentos do ano 2019.

Expuxemos que a estas alturas e ante a proximidade das eleccións municipais non se deberían presentar. O prazo para facelo iníciase o 15 de outubro e fóronse retrasando.

O noso voto foi EN CONTRA xa que non compartimos nin as formas nin moitos puntos do fondo.

Presentáronse, logo de levar meses pedíndoo, o 20 á tarde para a reunión da comisión o 25 ás 9.3o. Pouco tempo para facer unha análise axeitada.

 Seguen sen ser participativos xa que nin se nos deu a posibilidade de participar neles ( iso que presentamos 30 iniciativas a eles a primeiros de marzo). A veciñanza non tivo canles de participación.

En canto ao fondo non vemos variación nas partidas, moitos son “un copia e pega” do anterior.

As Axudas escolares iguais as dos últimos tres anos.

As axudas a entidades TODAS non se resolven por concorrencia competitiva senón que fanse por convenios. Isto non vai aparellado a uns criteios obxectivos e claros.

Falsos contratos menores e Licitacións.

Segue habendo informes de Secretaría e Intervención onde explican que hai disfrazados de contratos menores contratos que deberían ser licitados. Son en realidade contratos maiores

         .- contratación da iluminación pública.... e outros xa indicados no  informe de intervención.

         Licitar servizos: alumeado,Augas, piscina, gardeiría

INCUMPRIMENTO:

         .- DE ordenanzas por elaborar ou revisar según o plan normativo do 2018 que é copia do incumprido no 2017 ( ordenanza fiscal 14, 20, 22.., de   caixeiros automáticos,  ocupación de solo…

SERVIZOS PÚBLICOS

Este goberno non ten una política de servizos públicos municipalizados e aboga pola externalización de servizos. Segue cunha folla de ruta externalizadora. Como xa fixo cos orzamentos aprobados no 18.

Na memoria explicativa do orzamento  segue a falarse de licitación de servizos

É chamativo que algúns deste servizos estean , neste momentos, a cargo de empresas privadas.

O goberno local amortiza estes postos de traballo que logo se contratan a empresas.

 

 CADRO DE PERSOAL

No Orzamento deste ano 2019 contamos con dous informes técnicos no tocante ao cadro de persoal deste concello.

O informe xurídico expresa dun xeito bastante meticuloso a situación de persoal funcionario e laboral fixo. Sinalando adxcricións a postos de traballo “sin estar suxeitas ao procedemento legal establecido” en situación de fraude de lei.

 Explicando o rexime xurídico da oferta de emprego público e os sistemas de provisión dos postos de traballo.analiza a situación real deste concello e observa ilegalidades manifiestas e graves incumprimentos legais “ que se perpetuaron no tempo con absoluta inacción”.pois “non se levaron a cabo procesos selectivos.

Esta situación pode suponer graves prexuicios para o interese público local.

O informe de Intervención tamén apunta a consecuencias para as arcas públicas.

Esta situación xa estivo presentada para o orzamento do ano 18 e non houbo ningún cambio.

A gran mayoría dos postos están en situación de vacantes.

 Cremos que xa con isto é abondo para non respaldar os orzamentos que o goberno municipal do PSOE encabezado  polo Sr, Fernández.

Dende o BNG afirmamos que hai outro xeito de xestionar os fondos da nosa veciñanza.