A PRÁCTICA MÁIS COMÚN DESTE GOBERNO MUNICIPAL DE BERNARDO É O INCUMPRIMENTO DAS SUAS PROMESAS ELEITORAIS:

A PRÁCTICA MÁIS COMÚN DESTE GOBERNO MUNICIPAL DE BERNARDO É O INCUMPRIMENTO DAS SUAS PROMESAS ELEITORAIS:

A PRÁCTICA MÁIS COMÚN DESTE GOBERNO MUNICIPAL É O INCUMPRIMENTO DAS SUAS PROMESAS ELEITORAIS:

 PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Dende o BNG-AA de Pontedeume seguimos a solicitar do goberno municipal do PSOE na vila de Pontedeume que faga efectiva, dunha vez por todas, a súa promesa electoral de fomento da participación da veciñanza.

Un curso máis ( o actual 2017/18), xa no mes de abril e o Consello Escolar Municipal de Pontedeume segue sen convocarse.

Xa pasou o tempo de solicitudes de matrículas nos diferentes centros educativos máis non hai información.

O curso anterior, aínda con problemas de prazas nalgúns centros, non se convocou este CEM.

No seu momento, e ante a crítica do BNG nun pleno, a concelleira desta área dixo que tomaban nota para que non se repetise no futuro. Estamos no futuro, un curso despois, e seguimos igual!!!

AXUDAS ESCOLARES

Agardamos que canto antes se faga pública a convocatoria de axudas ás familias para adquisición de material escolar do curso 2017/18.

A estas alturas de curso aínda están sen convocar, tardanza na aprobación do regulamento, e non se sabe para cando. Non se poden deixar os labores ata o último momento. Houbo tempo para facelo antes.

Seguimos co PSOE igual que co PP con retrasos dun curso.

As familias con necesidades non contan coa dotación necesaria para que os seus fillos/as podan ter acceso ao material que precisan.

Será como o ano anterior, cobrarán cando remate o curso!!!!

Compre lembrar neste apartado que grazas á iniciativa do BNG para o cambio no varemo, no próximo curso mais familias eumesas teran dereito a estas axudas.

Agardamos que este goberno sexa efectivo nas súas políticas e se deixe de facer política cara ás redes sociais e na prensa. E que comece a cumprir as suas promesas coa cidadanía eumesa.